Compra online
Ahora más sencillo y rápido
Dámosche a benvida á páxina de Emprego de Mercadona, un espazo para coñecer as últimas ofertas de emprego e o valor que Mercadona lles dá ás persoas que conforman o seu equipo. Un equipo repleto de talento, orientado á excelencia e a darlle o mellor á súa clientela.
As traballadoras e os traballadores son en Mercadona un activo moi valioso. Mercadona ten como obxectivo dispoñer dun cadro de persoal comprometido coa excelencia no servizo, altamente motivado e aliñado coa visión da compañía para lograr os obxectivos do proxecto común. O que hoxe é Mercadona, é o resultado das ideas e do esforzo de todo un equipo repleto de Talento
Unha forza laboral diversa é unha das nosas mellores vantaxes competitivas. A través dunha cultura empresarial inclusiva, baseada no noso Modelo de Calidade Total e en valores como o respecto, a equidade e o recoñecemento positivo das diferenzas, buscamos a integración plena e satisfactoria de cada persoa.
O cadro de persoal de Mercadona é moi importante para a compañía. Mercadona dispón dun Modelo de Recursos Humanos recoñecido por ofrecer postos de traballo estables e de calidade dende os que se impulsan, entre outros, o desenvolvemento persoal e profesional, a estabilidade, a formación, o liderado ou a equidade.
O Convenio de Mercadona acordado cos principais sindicatos marca as condicións e os dereitos laborais do seu cadro de persoal con medidas pioneiras como a formación continua ou unha maior conciliación.
Á súa vez, o Plan de Igualdade da compañía recolle compromisos e medidas encamiñadas ao desenvolvemento dunhas relacións laborais baseadas na igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes.