
Legalide
Todos debemos cumprir coas leis e normativas que regulen en cada país a actividade da compañía.
Somos unha empresa que busca a satisfacción dos nosos cinco compoñentes a través do noso modelo de xestión de Calidade Total: “O Xefe”, como internamente denominamos o cliente, o Traballador, o Provedor, a Sociedade e o Capital.
Para iso, é a nosa prioridade comunicar de forma clara cales son os principios que nos guían na nosa forma de actuar; con este obxectivo elaboramos un Código de Conduta que ten como misión asegurar o cumprimento dos nosos valores e da Lei:
Legalide
Todos debemos cumprir coas leis e normativas que regulen en cada país a actividade da compañía.
Integridade e responsabilidade
Manter unha relación de honestidade e confianza cos "Xefes", cos Traballadores, cos Provedores e coa Sociedade, é fundamental para cumprir coa Misión de Mercadona. Mercadona quere transmitir e, ao mesmo tempo, esixirlles a todos os compoñentes aos que lles resulte aplicable este Código un comportamento e unha actuación leal, dilixente, eficiente e enfocada á satisfacción dos 5 compoñentes.
Compromiso
O "orgullo de pertenza" en Mercadona debe ser unha constante que presida a actuación de todos e cada un dos que conformamos Mercadona e que nos sirva de guía para o cumprimento da Misión, sentíndonos parte integrante de Mercadona.
Para cumprir co noso Código de Conduta é importante que calquera comportamento non desexado sexa detectado a tempo. Por este motivo, ademais da canle habitual que os empregados coñecen e poden utilizar a través da comunicación interna, en Mercadona implantamos unha canle confidencial que lles ofrece aos empregados, clientes, provedores, accionistas e a outros terceiros interesados a posibilidade de presentar denuncias relacionadas con preocupacións ou queixas acerca de: actos de corrupción, delitos financeiros ou fiscais, medio ambiente e calquera tipo de conduta ilegal.
Consulta
E posible mandarnos as túas preguntas mediante un formulario.
Denuncia
Podes contarnos os feitos a través do noso formulario.