Mantén á liña os xermes e coida da túa pel cos novos Xeles limpadores de mans Deliplus.

Xeles limpadores de mans Deliplus. Edición limitada

23 de febreiro de 2018

O mellor xeito de mimar as túas mans. Os dous Xeles limpadores de mans Deliplus, laranxa e amarelo, fornecerán as túas mans de hixiene e mais de frescor.

Mantén as túas mans limpas todo o dia

Os novos Xeles limpadores de mans Deliplus están pensados para te acompañaren a calquera parte. Veñen nun envase pequeno e cómodo de levar. Con eles as túas mans manterán unha boa hixiene as 24 horas do día, alén de lles proporcionar suavidade.

Estes Xeles son de moi doado uso. Tan só debes aplicar unha pequena cantidade nas túas mans e fregar suavemente até a súa absorción.

Están pensados para todo tipo de peles, polo que os poderán usar desde os máis cativos da familia, a partir dos tres anos, até os máis vellos.

Entre os seus ingredientes encóntranse o áloe vera, a glicerina ou o extracto de uva e mais de lima, con propiedades hidratantes e calmantes, así como vitamina E, antioxidante.

De edición limitada: non deixes pasar a oportunidade de os probar canto antes.

Xel limpador de mans laranxa

O Xel limpador de mans laranxa ten unha fragrancia afroitada, con notas cítricas de papaia, manga, pexego e mazá. Proporciónalles un aroma fresco e suave ás túas mans. E mantenas limpas desde que te ergues até que te deitas.

Xel limpador de mans amarelo

O Xel limpador de mans amarelo Deliplus caracterízase pola súa fragrancia a vainilla con acordes doces, acaramelados e florais. É ideal para o usares en calquera momento.

Outras recomendacións

Descubre os novos Xeles de baño Deliplus e escolle entre as súas diferentes liñas: dermo protección, dermo coidado e dermo aroma.