Nuevo Gel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus

Xel de Menta Deliplus

20 de xullo de 2017

As duchas máis frescas!

Este verán prepárate para a experiencia máis revitalizante co Xel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus, ideal para a hixiene cotiá. Esperta todos os teus sentidos durante a ducha cunha intensa fragrancia mentolada e chispeantes notas cítricas. Despois do baño, ademais, sentirás unha pel suave e fresca. A que esperas para o probares?

O Xel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus esperta os teus sentidos, descúbreo:

  • Perfume intenso e chispeante

A súa nota principal mentolada acompañada de intensas notas cítricas é pura vitalidade e mantense na pel após a ducha.

  • Frescor intenso e duradeiro

Intensa fragrancia refrescante.

  • Fórmula suave

Limpa con delicadeza a pel e achega unha agradable sensación de hidratación e benestar logo do seu uso cotián.

O Xel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus preséntase en tamaño familiar de 1.000 ml.

Outras recomendacións

Hidrata a túa pel sen necesidade de te secares coa Hidratante Corporal baixo a ducha de Mercadona .

Para alén diso, podes nutrir a túa pel en profundidade coa Nova Manteiga Corporal de Mercadona, de absorción rápida e agradable aroma.