Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".
No verán é bastante habitual levar o pelo mollado, sobre todo neses días de praia ou piscina, ou neses momentos nos que non hai moito tempo para utilizar un secador ou poñerse a alisalo. Así que resulta bastante práctico coñecer que tipos de peiteados fáciles e rápidos podes facerlle ao teu pelo para lucir un atractivo look con pelo mollado.
Sigue o noso vídeo-titorial para peitear o teu pelo mollado como a ti che gusta.
Tres peiteados co pelo mollado
Moño con trenza lateral
1.Peitea a melena e marca a raia ao lado.
2.Separa un guecho grande do lateral con máis cabelo.
3. Fai unha trenza de dous cabos co resto do cabelo.
4. Forma coa trenza un moño.
5.Suxeita cunha goma.
6.Torce o guecho solto dende a raíz.
7.Enrólao arredor do moño e fixa con clips.
Trenza de raíz ladeada
1. Cepilla a melena e divídea en tres partes.
2. Comeza unha trenza de raíz no guecho central.
3.Suxéitaa cunha goma.
4.Torce os dous guechos soltos dende a raíz.
5. E forma unha trenza lateral coa trenza central.
6.Suxeita cunha goma.
Semirecollido romántico
1. Cepilla a melena, separa un guecho dende a raíz do centro da fronte e fixa cunha goma.
2.Abre pola metade o guecho de raíz.
3. Pasa polo seu interior a coleta e dálle a volta.
4. Cun guecho lateral forma unha trenza de dous cabos.
5.Lévaa ata a parte superior da cabeza e fixa cun clip.
Por fin desvelámosche o Segredo da Perfumería para este Nadal. Ten por seguro que valeu a pena esperar.
O noso segredo agochaba diferentes Coleccións exclusivas inspiradas en ti.
Coma sempre, puxemos todo o noso esforzo para que no Nadal encontres a mellor selección e os regalos máis especiais en cosmética, beleza e fragrancias. Por iso, empezamos por escoitarvos: partindo das vosas ideas ...
Queres conseguir unha maquillaxe para o día que che aporte un aspecto coidado e natural?
Contámoscho neste vídeo-titorial de maquillaxe natural, sigue as nosas instrucións e presume de look natural, fresco e radiante sen que apenas se note que levas maquillaxe.
[Asset Included(Id:1472663289588;Type:Media)]
Que produtos utilizamos para este titorial de Maquillaxe natural?
A Colección Pasión Natural é unha atractiva proposta de maquillaxe para a nova tempada. A gama de tons berenxena e nude están de moda e esta colección bríndache todo o que necesitas para estar á última.
Combinando de forma diferente os produtos que se inclúen nesta colección poderás conseguir distintos looks, como os que se mostran no vídeo.