Tes as uñas estragadas? Necesitas hidratalas e nutrilas? A Colección SOS Nails axúdache a manter as túas uñas e cutículas suaves e protexidas.
Esta colección, de edición limitada, está composta por dous produtos independentes. Non é necesario utilizalos por orde secuencial, senón segundo as túas necesidades.
- Hydragel Nails & Cuticles
- B.B NAILS
Hydragel Nails & Cuticles, xel hidratante para uñas e cutículas
É un xel hidratante de rápida absorción e secado idóneo para uñas e cutículas estragadas, crebadizas ou resecas. Perfecto para protexernos do uso de xeles hidroalcohólicos e tamén da época de frío que adoita resecar esta zona do corpo.
Composición. Activos principais
- Un complexo de Vitamina C con propiedades antioxidantes que nutre as uñas e axuda ao seu crecemento.
- Ácido hialurónico que axuda a manter a hidratación da uña.
Beneficios
Hidrata, fortalece e suaviza uñas e cutículas cun agradable olor a cereixa.
Modo de uso
- Pode usarse a diario e en calquera momento do día, xa que é un xel acuoso que non tarda en secar (a diferenza dos aceites).
- Aplica coa axuda do pincel nas uñas e cutículas e realiza unha masaxe ata a súa total absorción.
B.B Nails, esmalte protector de uñas
É un esmalte de uñas que axuda a manter as uñas protexidas e hidratadas cun aspecto moi natural.
Composición
- Áloe
- Glicerina como humectante
Beneficios
Mantén as uñas protexidas e hidratadas.
Modo de uso
- Aplica unha ou dúas capas 2 veces á semana.
- A aplicación debe facerse como una base das uñas, coas mans limpas e secas (evitando produtos graxos que deixen residuo e dificulten a adherencia).
Outras recomendacións
Coida as túas mans coa nosa Crema das mans con aceite de oliva, para uso diario.