Bañadores Desechables Deliplus

Traxes de Baño Desbotables Deliplus, os aliados perfectos para o verán

26 de maio de 2023

Agora que o teu bebé empeza a meterse no mar ou na piscina, podes facer que vaia máis cómodo cos Traxes de Baño Desbotables Deliplus, a protección ideal para que goce do verán e da auga ao máximo.

Traxes de Baño Desbotables Deliplus: a opción máis cómoda para ti e para o teu bebé

Os Traxes de Baño Desbotables Deliplus están pensados para utilizarse tanto na praia como na piscina. Serven para evitar os escapes de feces dentro da auga.

Ademais, estes cueiros desbotables contan cun tecido suave e transpirable, moi confortables para a delicada pel do bebé. E, ao contrario que os cueiros tradicionais, non inchan na auga, polo que os pequenos poden divertirse e pasar un anaco agradable sen se sentiren incómodos.

Non obstante, estes cueiros desbotables non serven para absorber pipís, polo que che recomendamos usalo unicamente durante o tempo de praia ou piscina e logo desbotalos.

Para utilizar correctamente os Traxes de Baño Desbotables Deliplus, sigue estes pasos:

1. Ponlle o traxe de baño desbotable ao teu bebé antes de entrar na auga.

2. Cando termine o baño, para desbotalo, rompe o traxe de baño polos laterais.

3. O Traxe de Baño Desbotable Deliplus débese tirar ao lixo. Nunca ao inodoro.

Novidades e melloras nos Traxes de Baño Desbotables Deliplus de Mercadona

Encontrarás os Traxes de Baño Desbotables Deliplus en todas as nosas tendas. Están dispoñibles en 2 talles:

  • Talle S (de 6 a 12 kg)
  • Talle M (de 11 a 18 kg)

Os Traxes de Baño Desbotables Deliplus son unisex, polo que son útiles para todos os bebés. Cada paquete ten 12 traxes de baño individuais, todos eles cun deseño novo de Mickey e Minnie que lle encantará ao teu bebé.

Melloramos o axuste da cintura e puxemos dobre barreira para evitar fugas de cacas líquidas.

Este verán, á auga parrulos cos Traxes de Baño Desbotables Deliplus!

Outras recomendacións

Non perdas as nosas cremas e protectores solares para gozar do verán sen riscos.

E aquí tes todo o necesario para o coidado óptimo do teu bebé: toalliñas perfumadas, cueiros, pomadas, biberóns…