Se vas co teu bebé á praia ou á piscina, utiliza os Traxes de Baño Desbotables Deliplus, moi cómodos.

Traxes de Baño Desbotables Deliplus, o aliado perfecto do verán

06 de xullo de 2020

Coñeces os Traxes de Baño Desbotables Deliplus? Son unha protección ideal para a comodidade do teu bebé. Seguro que este verán queredes gozar xuntos dun bo baño no mar ou na piscina. Así que vos virá moi ben este formato de cueiro que vela polo confort do teu pequeno ou da túa pequena dentro da auga.

Tomar o baño é das actividades máis divertidas que podedes facer no verán, pero sempre hai que coidar a seguridade do teu bebé: por exemplo, usar flotadores, ducharse antes do baño, acompañalo dentro da auga e vixialo en todo momento.

E, por suposto, é moi importante seguir os consellos de protección solar. Procura evitar a exposición ao sol durante as horas centrais do día, ponlle un gorriño e elixe un produto adecuado para protexer a súa pel.

A opción máis cómoda para ti e para o teu bebé

Texto 2 Imagen bañadores desechables

Os Traxes de Baño desbotables Deliplus están pensados para o seu uso tanto na praia como na piscina. Están especialmente deseñados para evitar os escapes de cacas dentro da auga.

Ademais, estes cueiros desbotables contan cun tecido suave e transpirable, moi confortable para a delicada pel do bebé. E, ao contrario que os cueiros tradicionais, non inchan na auga, polo que os pequenos poden divertirse e pasar un anaco agradable sen sentirse incómodos.

Non obstante, estes cueiros desbotables non serven para absorber os ouriños, polo que che recomendamos usalos só durante o tempo de praia ou piscina e logo desbotalos.

Para utilizar correctamente os Traxes de Baño Desbotables Deliplus, sigue estes pasos:

1. Ponlle o traxe de baño desbotable ao teu bebé antes de entrar na auga.

2. Cando termine o baño, para desbotalo, rompe o traxe de baño polos laterais.

3. O traxe de baño desbotable Deliplus débese tirar ao lixo. Nunca ao inodoro.

Traxes de Baño Desbotables Deliplus dispoñibles en Mercadona

Texto 1 Imagen bañadores desechables

Encontrarás os Traxes de Baño Desbotables Deliplus en todos os establecementos Mercadona. Están dispoñibles en dous formatos:

  • Traxes de Baño Desbotables Deliplus talle S (de 6 a 11 kg).
  • Traxes de Baños Desbotables Deliplus talle M (de 9 a 16 kg).

Estes traxes de baño son unisex, polo que son útiles para todos os bebés. Cada paquete ten 6 traxes de baño, todos con estilo estival e divertidos debuxos Disney que lle encantarán ao teu bebé.

Ademais, as bolsas cos Traxes de Baño Desbotables Deliplus son moi prácticas de transportar. Teñen un sistema abrefácil co que poderás abrir e cerrar a bolsa tantas veces como necesites.

Este verán, á auga parrulos cos Traxes de Baño Desbotables Deliplus!

Outras recomendacións

Tras un esgotador día na praia ou na piscina, nada mellor que un bo baño e a Auga perfumada Hippos, ideal para refrescar e perfumar os bebés e nenos.