Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Tarta del Día de la Madre y lotes de fragancias

Torta de Mercadona e lotes de fragrancias para o Día da Nai

03 de maio de 2017

O 7 de maio é o Día da Nai, ese día tan especial en que podemos dicirlle á muller máis importante das nosas vidas o moito que lle agradecemos todo o que ten feito por nós. En Mercadona podes encontrar os agasallos perfectos para festexares con ela e o resto da familia este sinalado día.

Para o Día da Nai este ano tes en Mercadona unha deliciosa Torta de Xema con Nata e Caramelo e Lotes de Fragrancias que encaixarán perfectamente co seu estilo.

Lotes de fragrancias de Mercadona para o Día da Nai

Que mellor para lle agasallares a mamá que ese perfume que tanto lle gusta? Na Perfumería de Mercadona tes varias propostas de lotes de fragrancias, para todas as idades e gustos. Ademais, estes lotes inclúen cremas, xel de baño e outros complementos para que sexan un agasallo completo para o Día da Nai, porque elas meréceno todo.

Fragrancia Rose Nude, todo un clásico

O lote da fragrancia Rose Nude inclúe un perfume delicado e romántico para as mamás coquetas e moi femininas. Para alén diso, acompáñao un neceser para completares o agasallo.

Comotú Amor, a aposta segura

A fragrancia Comotú Amor é unha aposta segura. Para nais sofisticadas, modernas, clásicas, atrevidas... encaixa con todas as personalidades, igual que o complemento co que se ofrece este lote de fragrancias. Un agasallo ideal para o Día da Nai, que lle recordará todos os días que a queres.

9.60 Pure, para a mamá aventureira

As nais están continuamente a facer cousas. Para esas mulleres aventureiras e con innumerables actividades todos os días, a auga de colonia 9.60 é a mellor compañía para calquera situación, grazas á súa agradable fragrancia. Esta colonia fresca ofrécese nun completísimo lote que inclúe un leite corporal, un xel de baño e un desodorizante.

Todas estas fragrancias para o Día da Nai, que encontrarás en Mercadona, están elaboradas pola empresa española RNB Cosméticos, localizada na Comunidade Valenciana.

Torta do Día da Nai en Mercadona

Para celebrares este día tan especial, non pode faltar unha deliciosa Torta do Día da Nai, unha irresistible elaboración á base de xema, nata e caramelo.

A Torta do Día da Nai que podedes gozar en familia trátase dunha suxestiva torta redonda, que se ofrece envasada nun estoxo para que che sexa máis cómoda de transportar. Pesa 510 gramos e está recomendada para 6 racións.

Esta deliciosa Torta do Día da nai contén no seu interior dúas capas de biscoito branco con sabor a vainilla e, entre elas, deslízase unha suave capa de nata.

A base do biscoito completouse sobre un recheo de crema de caramelo e tofe que lle dá un toque final suculento e cálido.

A superficie preséntase cun corazón de chocolate negro e uns estampados moi maternais, que representarán o moito que a queres.

Xunto ao acabado de xema pasteleira, a presentación desta Torta do Día da Nai será toda unha agradable e apetecible sorpresa cando a saques á mesa.

A Torta de Mercadona para o Día da Nai é outra mostra máis do compromiso de Mercadona cara aos produtos españois, pois a súa elaboración recae na empresa Pastisfred S.L.U, na súa fábrica de Monbtlanc (Tarragona).

Como case todas as tortas, ten en conta que a Torta de Mercadona para o Día da nai contén glute, ovo, soia, leite e froitos de casca.

Ademais, antes de a presentares debes sacala do conxelador. Pódela manter no frigorífico en perfecto estado pero faino cunha antelación de unhas 3 horas e 30 minutos, para que se teña desconxelado até o punto perfecto para a servires. Se a deixares a temperatura ambiente tardará unhas 2 horas e 30 minutos en desconxelarse antes de a servir.

Goza coa muller máis especial da túa vida o Día da Nai, agasallándoa cun dos nosos orixinais lotes de fragrancias con complementos, e remata este día tan sinalado co toque doce e inconfundible da Torta de Mercadona para o Día da Nai.

Outras recomendacións

Se ela é unha apaixonada do chocolate, o Día da Nai podes sorprendela tamén co chocolate á taza “listo para tomar” La Chocolatera de Mercadona, moi doado de preparar e cun sabor intenso.

E se festexares o Día da Nai na túa casa e quixeres ofrecer algo orixinal, podes aproveitar a Masa Fresca de Follado Sen Glute de Mercadona para creares doadamente todo tipo de receitas doces e salgadas.