Embázanseche as lentes coa máscara? Utiliza as nosas toalliñas antibafo reutilizables.

Toalliñas antibafo reutilizables para as lentes

05 de xullo de 2021

Embázanseche as lentes cando usas a máscara? Sabes como mantelas libres de bafo o maior tempo posible?

Temos a solución: as nosas toalliñas antibafo reutilizables. Estas toalliñas preséntanse en envases monodose. Son toalliñas reutilizables ata 20 usos e o seu efecto antibafo ten unha duración dunhas 8 horas. É importante ter en conta que serven exclusivamente para acabar co bafo nas lentes. Isto quere dicir que, previamente, teremos que limpar as lentes con produtos específicos para a limpeza de cristais ópticos. Trátase dun produto antibafo, e non un produto limpalentes.

Características das toalliñas antibafo

  • É unha toalliña seca que impide que as lentes se embacen.
  • Fabricada con tecido 100 % viscosa.
  • Son reutilizables ata 20 usos.
  • Cada aplicación ten unha duración de ata 8 horas. Iso si, haberá que repetir a aplicación cada vez que se limpen as lentes.
  • Preséntase en envase monodose.

Modo de uso

Para aplicar este produto basta con seguir dous pasos ben sinxelos:

1. Limpa e seca as lentes antes de utilizar o produto. Para iso utiliza o noso Spray limpalentes con baeta, apto para todo tipo de cristais.

Imagen  1 Toallitas antivaho

2. Una vez secas, aplica a toalliña antibafo por toda a superficie realizando movementos circulares. Tras o seu uso, dobra e garda a toalliña na bolsiña coa etiqueta de peche.

Imagen 2 Toallitas antivaho

Ademais:

  • Frecuencia de uso: este produto pode aplicarse tantas veces como sexa necesario.
  • No se pode tirar polo WC. Desbota o envase interno, no contedor amarelo e o envase de cartón exterior, no contedor azul.
  • No se debe humedecer nin mollar a toalliña con auga.
  • No se debe utilizar en lentes molladas
  • Hai que almacenalas entre uso e uso nun lugar seco e protexido (por exemplo, no interior do mesmo envase monodose pechándoo coa súa etiqueta de peche; ou ben no interior da funda das lentes).

Como indicamos anteriormente, este é un produto antibafo que non serve para limpar as lentes. Antes de aplicar a toalliña antibafo, debes limpar os cristais das lentes cun produto específico.

Imagen 3 Toallitas antivaho

Para iso podes usar as nosas toalliñas perfumadas impregnadas cunha loción limpadora e un agradable perfume, deseñadas especificamente para este cometido. Unha opción moi práctica para levalas a todas as partes. Lembrámosche tamén que debes desbotalas no lugar correspondente, nunca no WC.

Outras recomendacións

Utiliza as nosas Máscaras Hixiénicas e FFP2 e as nosas Máscaras Desbotables.