Presentámosche dúas novas coleccións de cosmética para este outono.

Romantic Rose e Velvet Secret, as túas coleccións para este outono

09 de septembro de 2022

Dá a benvida á estación máis romántica do ano coas nosas dúas novas coleccións de cosmética! Queres coñecelas?

Súmate ás novas tendencias en cosmética para esta tempada: maquillaxe facial en po de efecto natural e barras de labios e lacas de uñas con tons mate na gama nude, perfectos para esta época do ano.

Renova a túa imaxe coas cores cálidas do outono!

Romantic Rose

Romantic Rose de Mercadona

A Colección Romantic Rose está inspirada nun romántico conto de fadas. Cos seus produtos conseguirás unha maquillaxe moi natural para o teu rostro, o típico de cara lavada.

Todos os artigos desta colección pódense utilizar de maneira conxunta.

Cada un deles preséntase nun sobre de cartón e pode intercambiarse nun estoxo de pos recargable cos demais produtos.

Co estoxo de pos recargable contribuímos ao coidado do medio ambiente reducindo a cantidade de plástico, seguindo coa nosa Estratexia 6.25.

Que produtos compoñen esta colección?

Estoxo de pos recargable

  • Permite intercambiar o produto que contén: po compacto, colorete ou iluminador.
  • Intercámbiase rapidamente levantando a plataforma protectora.

Po compacto

  • Po facial compacto de textura lixeira.
  • Aplícao sobre o rostro para broncealo ou esculpilo.

Blush

  • Colorete multicolor.
  • Utilízao sobre o rostro como rubor de meixelas.

Iluminador

  • Po iluminador facial.
  • Textura lixeira.
  • Aplícao sobre as zonas do rostro que se queiran destacar: arco da cella, nariz e pómulos.

Make Up Fixer

  • Spray fixador de maquillaxe
  • Hidrata e fixa
  • Pódese utilizar antes ou despois da Maquillaxe

Colección Velvet Secret

Colección Velvet Secret de Mercadona

Esta colección de outono de barras de labios e lacas de uñas caracterízase polos seus mates aveludados e as súas cores nude, moi naturais, que son tendencia.

Que produtos compoñen esta colección?

Barras de labios fluídas

  • Fluído de labios mate de longa duración.
  • Moi fáciles de usar, basta con aplicar sobre os labios.

Lacas de uñas

  • Lacas satinadas con cores de outono.
  • Aplicación normal. Axita antes de usar.
  • Aplícaa sobre as uñas limpas e ben secas.
  • Evita restos de crema ou aceites que poden provocar a mala adherencia do esmalte.

Outras recomendacións

Aprende a facer a Pedicura en 5 sinxelos pasos.

Coñeces o Método Curly? Se tes o pelo rizado, aprende a tratalo coa Liña Curl Perfect para telo hidratado e controlar o encrespamento.

Despídete dos pelos da forma máis cómoda e indolora coa nosa liña de produtos de depilación.