Crema de Mercadona Dragon's Blood

Rexenera e nutre a túa pel coa Crema de Mercadona Dragon´s Blood

22 de febreiro de 2017

Rexenera e nutre a túa pel coa Crema de Mercadona Dragon´s Blood, que encontrarás en La Perfumería de Mercadona, de agradable textura antioxidante e rexenerante. Achega hidratación e elasticidade, deixando a pel máis suave, cun aspecto máis homoxéneo e xuvenil. Ademais, é unha crema con protector solar FPS 12.

Atenúa as engurras e, após o seu uso, a pel loce máis firme e tersa. A Crema Dragon´s Blood de Mercadona axuda a rexenerar a pel, ademais de ter un efecto antioxidante proporcionado polos Extractos de Resina da Árbore Drago.

Que contén a Crema de Mercadona Dragon's Blood?

Extractos de Resina da Árbore Drago que achega propiedades rexeneradoras sobre a pel.

Para quen está indicada?

Para todo tipo de peles que precisen rexenerar a pel, aínda que recomendamos o seu uso a partir dos 35 anos.

Modo de aplicación

Aplicar á mañá e á noite sobre o rostro, pescozo e escote realizando unha suave masaxe até a total absorción, evitando a contorna dos ollos.

A Crema de Mercadona Dragon's Blood achega hidratación e elasticidade, deixando a pel máis suave, cun aspecto máis homoxéneo e xuvenil.

Outras Recomendacións

Antes de aplicares a crema, debes asegurarte de limpala en profundidade. Para iso, podes conseguir en Mercadona a nova liña de limpeza facial de Deliplus, catro produtos para todo tipo de peles que se converterán nos teus imprescindibles na túa rutina de beleza.