A liña Antiox é un tratamento antioxidante formulado con Licopeno e Vitamina C.

Liña Antiox

01 de septembro de 2023

Liña antioxidante formulada principalmente con Licopeno e Vitamina C, dous activos naturais que rexeneran e protexen a pel de problemas como a dermatite, o avermellamento e a excesiva sequidade promovendo o seu equilibrio natural. Ademais, reduce as manchas e achega luminosidade. A liña Antiox de Deliplus está composta polo Aceite facial de Licopeno, a Crema facial Dragon’s Blood, a Crema de contorno de ollos e pálpebras Dragon’s Blood, e a Crema facial Vitamina C Viseger Pharma FPS 50+.

Aceite facial de Licopeno

Aceite facial de Licopeno Mercadona

Que é?

  • Aceite puro de licopeno combinado con outros aceites esenciais, vitaminas e coláxeno que axuda a atenuar os signos de envellecemento. Ademais, ten un olor natural moi pracenteiro a base de aceites esenciais como o cedro, sándalo e vetiver.

Para quen é?

  • Apto para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Axuda a combater o envellecemento atenuando as engurras.
  • Reduce as manchas.
  • Achega luminosidade.

Que contén?

  • Licopeno. Pigmento natural que se extrae do tomate con gran poder antioxidante. Protexe as células humanas do estrés oxidativo que producen os radicais libres, axuda a atenuar manchas, acne, psoríase e mellora visiblemente a pel deixándoa purificada e renovada.
  • Coláxeno. Hidrata e protexe fronte aos axentes externos, achega firmeza e elasticidade á pel.
  • Vitamina C. Potente antioxidante que bloquea a acción dos radicais libres causantes do envellecemento prematuro da pel. Achega hidratación e firmeza.
  • Vitamina E. Repara as membranas celulares, mellora os síntomas do eccema e reduce os signos do envellecemento.

Como aplicalo?

Aplica unhas gotas sobre a pel seca ou húmida exercendo unha lixeira masaxe, permite que se absorba completamente e evita o contorno con tecidos e superficies para previr manchas. Tamén se pode mesturar coa crema hidratante habitual.

Crema facial Dragon’s Blood FPS 12

Crema facial Dragon’s Blood FPS 12 Mercadona

Que é?

  • Crema que axuda a protexer a pel do envellecemento cutáneo achegándolle un aspecto visiblemente máis novo.

Para quen é?

  • Apta para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Protexe a pel dos radicais libres.
  • Axuda a combater o envellecemento.
  • Achega suavidade e elasticidade.

Que contén?

  • Sangue de Dragón ou Dragon’s Blood. Orixinaria do Amazonas e extraída da árbore Croton lechleri, este zume vermello ten poder antioxidante e rexenerador ademais de propiedades cicatrizantes, desinfectantes e antiinflamatorias.

Como aplicala?

  • Evita o contacto cos ollos e coas mucosas. En caso de contacto enxauga con abundante auga. Aplícaa dúas veces ao día sobre a cara, o pescozo e o escote realizando unha suave masaxe ata a súa total absorción.

Crema de contorno de ollos e pálpebras Dragon’s Blood

Crema de contorno de ojos y párpados Dragon’s Blood Mercadona

Que é?

  • Crema formulada para atenuar a aparencia de fatiga cutánea de bolsas, olleiras e caída da pálpebra superior.

Para quen é?

Apta para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Protexe a pel dos radicais libres.
  • Axuda a combater o envellecemento.
  • Achega suavidade e elasticidade.

Que contén?

  • Extractos de Albizia julibrissin e Siegesbeckia orientalis. Axentes anti-fatiga que melloran o aspecto do contorno do ollo.
  • Sangue de Dragón ou Dragon’s Blood. Orixinaria do Amazonas e extraída da árbore Croton lechleri, este zume vermello ten poder antioxidante e rexenerador ademais de propiedades cicatrizantes, desinfectantes e antiinflamatorias.

Como aplicala?

  • Aplica dúas veces ao día unha pequena cantidade sobre a zona que está arredor dos ollos (bolsas, olleiras, patas de galo e pálpebra superior) limpa e sen maquillaxe. Realiza unha lixeira masaxe primeiro e finaliza con suaves toques coas xemas dos dedos.

Crema facial Vitamina C Viseger Pharma FPS 50+

Crema facial Vitamina C Viseger Pharma FPS 50+ Mercadona

Que és?

  • Crema facial hidratante de textura lixeira e de rápida absorción que ten propiedades antioxidantes grazas á súa formulación con Vitamina C e protexe do sol con factor solar SPF 50 e da radiación ultravioleta.

Para quen é?

  • Apta para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Hidrata profundamente.
  • Protexe do sol.
  • Reduce as marcas e manchas escuras.

Que contén?

  • Vitamina C. Potente antioxidante que bloquea a acción dos radicais libres causantes do envellecemento prematuro da pel. Axuda á produción de coláxeno, mellora a elasticidade e textura do rostro.
  • Té verde. Prevén o cancro de pel, rexuvenece as células, mellora os problemas como a psoríase, combate a acne e as espiñas,
  • Provitamina B5. Achega hidratación profunda e é moi útil para a pel seca e deshidratada. Ademais, mellora a elasticidade e rexenera.
  • Activos que protexen fronte á radiación infravermella. Protexen o estrés oxidativo das células e os radicais libres que danan a pel.

Como aplicala?

  • Aplícaa 1 ou 2 veces ao día sobre a pel limpa do rostro mediante unha suave masaxe ata a súa total absorción. En caso de usala como fotoprotector aplícaa
  • 20-30 minutos antes da exposición solar. Non a apliques sobre feridas, mucosas nin pel erosionada. Evita o contacto directo cos ollos.

Ampolas faciais Skin Care Vitamina C 20 %

dispoñible durante os meses de inverno

Ampollas faciales Skin Care Vitamina C 20% Mercadona

Que son?

  • Ampolas de tratamento intensivo con efectos antioxidantes rápidos e visibles. Fórmula ultraconcentrada que esfuma as manchas e mellora a aparencia dos signos da idade.

Para quen é?

  • Aptas para todo tipo de pel, excepto as sensibles.

Beneficios

  • Unifica o ton.
  • Achega luminosidade na pel.
  • Atenúa os signos de envellecemento.

Que conteñen?

  • Vitamina C. Potente antioxidante que bloquea a acción dos radicais libres causantes do envellecemento prematuro da pel.
  • Ácido ferúlico. Ten propiedades antiinflamatorias, antioxidantes, antienvellecemento, despigmentantes e hidratantes.
  • Extracto de regalicia. Axuda a mellorar a tolerancia cutánea dos potentes activos.

Como aplicalas?

Aplícaas exclusivamente pola noite. Verte o contido necesario sobre a man apertando o dosificador. A continuación, aplica o líquido sobre a pel limpa e seca do rostro, do pescozo e do escote antes da crema. Masaxea ata a súa completa absorción.

Outras recomendacións

Ou se, pola contra, a túa pel é mixta ou graxa e necesitas regular o exceso de sebo, temos á túa disposición a Liña Equilibro.

Se tes unha pel graxa e/ou con tendencia á acne proba a Línea Oil Free.

Para hidratar e proporcionar suavidade á pel proba a Línea Hidrata.