Xa tes o teu regalo para San Valentín? Suxerímosche os nosos lotes de Perfumería e doces de San Valentín, descúbreos.

Regalos para San Valentín

07 de febreiro de 2020

Queres sorprender a túa parella? Xa falta pouco para San Valentín, o Día dos Namorados, sen dúbida unha das datas máis bonitas e esperadas do calendario.

Se aínda non decidiches que regalar, aquí tes unhas cantas ideas para obsequiar a esa persoa tan especial.

Doces para regalar en San Valentín

Dulces para regalar en San Valentín.

Non esquezas incluír algo doce! Presentámosche as nosas suxestións: tortas e bombóns para unha celebración inesquecible xunto á túa parella.

Torta corazón Sacher

Ocórreche algo mellor para compartir en San Valentín ca un pastel de chocolate de 320 g en forma de corazón? É perfecto para compartir coa túa parella e incluso familiares e amigos.

Esta deliciosa torta leva no seu interior unha base de biscoito tipo Sacher cunha capa de recheo de marmelada de framboesa e outra de mousse de trufa por enriba. Por iso está tan rica!

Na superficie do pastel encontramos como cobertura un exquisito baño de chocolate negro e como detalle decorativo perlas de chocolate de cor vermella metalizada, que rematan todo o conxunto cun rico toque crocante e moi vistoso.

Torta Corazón Xema

Outra exquisita variedade en tortas de corazón que non deixa a ninguén indiferente.

Este pastel de xema e nata de 315 g de peso componse dunha base de biscoito branco sobre a que se colocou unha capa de recheo de caramelo e outra de mousse de nata por enriba. Na súa superficie está bañada cunha capa de brillante xema e cuberta de corazóns de azucre branco de diferentes tamaños, que realzan o seu atractivo sen esquecer o punto crocante.

Bombóns recheos de trufa crocantes

O teu momento máis doce de San Valentín! Delicias en forma de corazón de chocolate belga recheas de trufa crocante. Un pracer para os vosos sentidos. Non poderedes resistirvos ao seu profundo sabor a cacao e abelá con matices de vainilla, que deixa unha agradable lembranza no padal. As seis unidades que contén veñen nun coqueto estoxo de 65 g.

No deixes a compra do teu regalo para o final. Todos os anteriores produtos son de edición limitada!

Lotes de Perfumería para regalar en San Valentín

Lotes de Perfumería para regalar en San Valentín.

Presentámosche estes lotes de Perfumería como suxestións para os teus regalos de San Valentín.

Lote 1 – Como tú Amor (para ela)

Este lote componse de dous produtos:

  • Fragrancia Como tú Amor 30 ml.
  • Crema das mans 30 ml.

Se lle gustan os perfumes con personalidade, esta será a súa esencia favorita a partir de agora. Pertence á familia olfactiva floriental que se caracteriza por notas intensas, sensuais e femininas. Grazas ao seu uso, a pel queda agradablemente perfumada.

Coa crema beneficiarase dunha dobre función: por unha parte, as mans quedan perfectamente hidratadas e, por outra, tamén perfumadas. Excelente textura, absorción e tacto.

Lote 2 – Como tú Fuerza (para el)

Este lote consta de dous produtos:

  • Fragrancia Como tú Fuerza 30 ml.
  • Crema hidratante multifunción.

Un aroma con carácter para un home coma el, que o levará sempre consigo. Esta fragrancia destaca polas súas notas cálidas, intensas e sensuais. Pertence á familia olfactiva oriental e perfuma a pel cos efluvios máis atractivos.

Ademais, coa crema hidratante multifunción a pel do rostro, do corpo e das mans queda hidratada e protexida, e tamén perfumada á perfección. Específica para o coidado masculino.

Lote 3 – Bote Love

Este lote contén tres produtos:

  • Xel de baño 30 ml.
  • Esponxa flor.
  • Sal de baño 30 ml.

Un paquete de produtos ideal para gozar deses momentos de relax, perfecto para compartir en parella.

O xel é equilibrado, respectuoso coa pel e ten un aroma fresco e doce. Pola súa parte, o sal de baño produce un efecto calmante e relaxante, entre outros beneficios.

Os tres lotes son de Edición limitada.

Minifragrancias para el e para ela

Tamén dispoñemos de diferentes minifragrancias perfectas como detalle e moi prácticas polo seu formato reducido. Un pequeno gran detalle para esa persoa tan especial.

  • Mini eau de parfum By Mine Femme 20ml.
  • Mini eau de parfum Mr. Perfect 18 ml.

Outras recomendacións

Se buscas outros bombóns para San Valentín podes encontrar os nosos Delizze, Cadbury, Senzza, de leite cremoso e as nosas trufas Classic.

E se queres sorprendelo cunha cea exquisita nesa data tan sinalada, visita a nosa sección de Receitas e elixe a que máis che guste para a ocasión.