Xa chega un dos días máis emotivos do ano! O Día do Pai é unha data especial e todos os anos che gusta ter un detalle con esa persoa tan importante na túa vida. Un momento perfecto para demostrarlle o teu cariño.
Os Lotes de Perfumería nunca fallan, hainos para todos os gustos e necesidades. Seguro que sabes elixir o que máis vaia coa personalidade de teu pai, vaille entusiasmar!
4 Lotes de Perfumería ideais para teu pai
Lote Ikiru
Eau de toilette 100 ml e 30 ml.
Unha fragrancia suave, minimalista e moi atractiva, con notas cítricas e fondo amadeirado. Formato grande e botella de viaxe, para ter o xogo completo.
Precision System 6
Maquiniña, soporte transportable.
8 recambios.
Unha solución de afeitado perfecta para persoas que se afeitan a diario e necesitan un extra de lubricación.
Misty Wood
Eau de toilette, Xel de baño, xampú e after shave.
Lote Esencia vital. Eau de toilette de 100 ml, xel de baño perfumado, xampú que limpa suavemente o cabelo e after shave para hidratar e coidar a pel proporcionando unha agradable sensación de frescura.
World’s Best Dad
Eau de Parfum e Xel de baño.
Unha fragrancia de notas amadeiradas especiadas.
Outras recomendacións
Queres preparar unha comida especial para sorprender a teu pai? Consulta o noso apartado de receitas. Hai moitas ideas que podes aproveitar para celebrar xuntos un día tan especial.