Se buscas un tratamento facial antiidade, Prevent Age Skin devolve a xuventude ao teu rostro.

Prevent Age Skin, hidratación e elasticidade para o teu rostro

13 de xullo de 2020

Buscas un produto que actúe fronte aos signos da idade do teu rostro? Prevent Age Skin Ampolas Proteoglicanos é un programa intensivo facial que combina os potentes efectos dun tratamento cosmético profesional e os dun sérum, achegando elasticidade e hidratación.

Actúa fronte aos signos que envellecen o rostro devolvéndolle a súa xuventude e recuperando o efecto “boa cara” da pel.

Descubre a fórmula de Prevent Age Skin

A efectividade deste produto radica na súa coidada fórmula, que contén:

  • Proteoglicanos, potente activo antiidade que promove a produción de ácido hialurónico, mellorando a textura da pel e atenuando as engurras.
  • Coláxeno, que aumenta a hidratación e elasticidade cutánea.
  • Complexo derivado de plantas que potencia o factor natural de hidratación da pel.

Forma de presentación

Preséntase en 10 ampolas de 2 ml.

Modo de uso

  1. Axita a ampola antes de usar.
  2. Sostén a ampola cunha man e coloca o rompeampolas sobre esta, exerce unha lixeira presión cara a un lado ata oír un clic. Retira o rompeampolas e coloca o dosificador sobre a ampola ata a liña.
  3. Verte o contido que sexa necesario sobre a man.
  4. Aplica día e noite sobre o rostro limpo e seco antes da crema. Dá unha masaxe ata a súa completa absorción.

Utiliza o resto da ampola nas seguintes 48 horas.

Pódese usar de forma continua, sen necesidade de períodos de descanso.

Outras recomendacións

Non perdas os nosos consellos para tomar o sol e escolle o protector solar que mellor che vaia.