Queres renovar a cor da túa mirada? Vístea coas nosas novas sombras de ollos de inverno, vanche sentar moi ben! Ofrecémosche unha gran variedade de cores e efectos que dan moito xogo para a túa maquillaxe.
Sigue as tendencias da tempada. Para looks de diario contas co atractivo natural da Paleta Nude. E para compromisos nocturnos máis festivos e atrevidos, confía na Paleta Intense. Máis de 20 cores en cada paleta. Queres coñecelas?
Características da Paleta Nude
- Esta é a paleta definitiva que soluciona todos os teus looks diarios.
- Inclúe 20 sombras de ollos altamente pigmentadas: 8 sombras mate, 3 sombras satinadas, 6 sombras marmóreas de acabado metalizado, 2 sombras glitter e 1 sombra metálica.
- A paleta Nude destaca pola súa versatilidade de tons. Ofrece unha infinidade de posibilidades de cores e acabados para a túa maquillaxe.
- Goza da súa aplicación suave e dunha mirada precisa no teu día a día.
- Inspirada en looks cotiáns de tons neutros e nos esenciais de todo equipo de beleza.
- Modo de uso: utiliza un pincel ou a xema dos dedos para as sombras metálicas e glitter.
Características da Paleta Intense
- Esta é a paleta ideal para os looks de noite, festas, citas e cócteles.
- Inclúe 20 sombras de ollos: 7 sombras mate, 6 sombras satinadas, 3 sombras glitter, 3 sombras metálicas e 1 sombra marmórea de acabado metalizado.
- Unha paleta de sombras fácil de aplicar, modular e esfumar, perfecta para os teus looks de noite, especialmente os smoky eye.
- Inspirada nos looks atrevidos de tons intensos e esenciais de beleza para maquillaxes de noite.
- Modo de uso: utiliza un pincel ou a xema dos dedos para as sombras metálicas e glitter. Para desmaquillar recoméndase utilizar maquillaxe bifásica.
Outras recomendacións
Descubre os estimulantes aromas de My Soul Glacier, ultrafrescos!
Este inverno toca coidarse por dentro e por fóra, tanto no que se refire ás túas defensas como ao coidado da pel do teu rostro.