Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Novos xeles de baño Exfoliante Suave e Passion Fruit de Deliplus, para o mellor mantemento diario da túa pel.

Novos Xeles de Baño Exfoliante e Passion Fruit de Deliplus

27 de agosto de 2018

Xa podes atopar na Perfumería de Mercadona dous novos xeles de baño de Deliplus, cos que manter a túa pel no mellor estado posible cunhas fragrancias irresistibles.

O Xel de Baño Exfoliante Suave e o Xel de Baño Passion Fruit son dúas excelentes opcións para a túa hixiene diaria, ideais para pel normal e cunhas fragrancias que te sorprenderán.

Xel de Baño Exfoliante Suave de Deliplus

Coida e renova a túa pel coa suave exfoliación que che ofrecen as sementes naturais de kiwi e albaricoque do Xel de Baño Exfoliante Suave.

As súas sementes proporcionan unha acción exfoliante diaria, coa que podes eliminar as células mortas, deixando a túa pel suave e luminosa, ademais de hidratala e ter o coidado que merece.

Ademais a túa pel tamén gozará dun perfume a froita revitalizante.

Xel de Baño Passion Fruit de Deliplus

Co Xel de Baño Passion Fruit podes deixar que a súa fórmula suave con fragrancia tropical intensa envolva toda a túa pel.

Unha vez que saes da ducha, unha agradable sensación de suavidade acompáñache. Ademais, tamén gozarás dunha pel coidada e cunha exótica fragrancia, conseguida grazas á combinación de froita da paixón, manga e froitos tropicais.

Como utilizar os Xeles de Baño Exfoliante Suave e Passion Fruit

Aproveitar as características dos novos xeles de baño de Deliplus é moi sinxelo. Ambos os dous están elaborados para ser utilizados diariamente, xa que ofrecen o coidado e o mantemento que a túa pel necesita.

Para aplicar estes xeles de baño, só tes que verter o xel escollido sobre unha esponxa ou directamente na man e mesturar con auga ata obter escuma. Estende o xel sobre a pel mollada e a continuación aclara con abundante auga.

Os novos Xeles de Baño ofrécenche todo o coidado e mantemento que a túa pel necesita, ben prefiras a acción exfoliante e renovadora do Exfoliante Suave ou a suavidade e a fragrancia tropical do Passion Fruit.

Outras recomendacións

Se queres unha achega extra de hidratación para a túa pel e de forma rápida, proba o novo Body milk en spray Hidra & Go!. Máxima hidratación para a túa pel e sen esperas.

Queres máis opcións para a hixiene diaria da túa pel? Descubre os Xeles de Baño Deliplus, que che axudan de forma distinta a coidala, protexela ou proporcionarlle unha intensa fragrancia.