Chega á Perfumería de Mercadona un novo xeito de coidares a pel do teu corpo. Os novos Aceites en crema Deliplus mudan de textura conforme os masaxeas, converténdose nun aceite sedoso cun tacto único.
Os novos aceites en crema de Deliplus achéganlle á túa pel unha nutrición e unha suavidade extra grazas aos seus activos:
- Aceite de arroz, que contén vitamina E, escualeno e ácido linoleico,
- Glicerina, un ingrediente altamente hidratante.
A súa agradable fragrancia envolverá a túa pel nun recendo Oriental ou a Flores Brancas ao tempo que a hidrata e a nutre. Escolle a que máis che gustar!
- Aceite en crema Oriental de Deliplus: Unha suxestiva proposta floral baseada en notas de laranxa verde, acordes acuáticos de froitas e xasmín e un corazón de vainilla. Un toque exótico na túa pel.
- Aceite en crema Flores Brancas de Deliplus: Fragrancia con toques florais, de mel e de xelea real, con fondo de notas amadeiradas e ámbar. Unha fragrancia doce que envolverá a túa pel.
Escolle o aceite en crema de Deliplus que máis che gustar e conseguirás unha pel suave e cun tacto incrible.
Coida da túa pel dun xeito doado e sinxelo. Aplica o novo Aceite en Crema Deliplus Oriental ou Flores Brancas e masaxéao por todo o corpo até conseguires unha textura sedosa en aceite. E velaí está! Pel hidratada e nutrida cunha agradable fragrancia durante todo o día.
Outras recomendacións
Rexenera e nutre a pel do teu rostro coa Crema de Mercadona Dragon´s Blood, que encontrarás na Perfumería de Mercadona, de agradable textura antioxidante e rexenerante. Achega hidratación e elasticidade, deixando a pel máis suave, cun aspecto máis homoxéneo e xuvenil. Para alén de ser unha crema con protector solar FPS 12.