Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

O novo stick anticelulítico Slim Action actúa contra a celulites cunha tripla  acción, ademais de presentarse nun tamaño moi práctico. Edición limitada.

Novo stick anticelulítico Slim Action: Edición limitada

11 de xuño de 2018

O novo stick anticelulítico Slim Action, de edición limitada, é un innovador tratamento contra a celulite que se converterá no teu mellor aliado grazas á súa práctica forma de aplicación. Está indicado para todo tipo de peles.

Como actúa o stick anticelulítico Slim Action?

O complexo de activos Slim Action Complex actúa a nivel celular e xera unha acción continua e profunda que produce os seguintes efectos sobre a nosa pel:

  • Frea: evita novas acumulacións de graxa.
  • Reduce: encárgase de queimar a graxa acumulada
  • Reafirma: con efecto alisador da chamada “pel de laranxa”.

Que contén a súa fórmula?

A fórmula do stick anticelulítico Slim Action contén dous ingredientes principais:

  • Por unha banda, o Slim Action Complex é un potente complexo de activos, que xera unha acción continua sobre os nódulos de graxa máis profundos.
  • Por outro lado, contén creatina, unha substancia química que transforma a graxa en enerxía reducindo o volume e reafirmando a nosa pel.

Forma de uso

O modo de emprego deste stick é sinxelo:

  • Aplícao dúas veces ao día sobre as zonas do corpo que queiras tratar realizando masaxes circulares co produto de forma ascendente.
  • Non é necesario dar masaxe manual. Absórbese sen necesidade de masaxear.
  • Non premas demasiado o stick sobre a pel.

Vantaxes do stick

A principal novidade deste anticelulítico, xunto á súa combinación de activos, está na súa práctica aplicación en stick que axuda a:

  • Potenciar a eficacia da fórmula: facilita a masaxe e xera unha acción drenante.
  • Facilitar a aplicación: resulta sinxelo de aplicar para exercer a masaxe, xa que se estende facilmente sobre a pel e absórbese sen necesidade de realizar unha masaxe manual.

Ademais, trátase dun envase moi manexable, práctico e cómodo. Pódelo levar sempre contigo e utilizar en calquera lugar: na casa, no ximnasio... Onde ti queiras!

Non quedes sen probalo, é de edición limitada!

Outras recomendacións

Proba o novo Body milk Hidra & Go en spray, un concepto diferente de hidratación corporal, perfecto para o seu uso diario.

E se o que buscas é coidar e hidratar as túas mans, podes elixir entre catro tipos de Cremas de mans Deliplus: antiidade, antimanchas, nutritiva rexeneradora, ultrahidratante e hidratante áloe.