Nuevo Spray Deliplus refrescante y revitalizante para pies y piernas.

Novo Spray refrescante e revitalizante para pés e pernas Deliplus

18 de xullo de 2017

Frescor inmediato en pés e pernas!

Esteas ou non de vacacións, a calor do verán deixa unha sensación de esgotamento e cansazo, sobre todo nos pés e nas pernas. Os días longos do verán e as altas temperaturas producen unha sensación máis acusada de canseira nos pés e nas pernas, incrementando a fatiga. Do mesmo xeito que te hidratas bebendo auga, descansa un pouco e alivia os teus pés e pernas co novo Spray refrescante e revitalizante para pés e pernas Deliplus.

Notarás un frescor inmediato! Contén un complexo desfatigante con extractos vexetais (xilbarbeira, solidago e arandos) que axuda a reactivar a circulación e revitaliza, aliviando a sensación de cansazo.

Procura o teu momento para o aplicares

O Spray refrescante e revitalizante para pés e pernas Deliplus é moi práctico e doado de aplicar: podes usalo en calquera momento xa que se absorbe axiña. Durante o día, lévao sempre contigo, e cando precises refrescarte pulverízao con movementos ascendentes e descendentes. Podes facelo incluso sobre medias ou calcetíns.

Se o preferires, agarda até chegares á casa ao final da xornada, e pon as pernas en alto para favoreceres a circulación sanguínea. Aplícao e goza da sensación de frescor e alivio. Un final perfecto para os atarefados días do verán!

Outras recomendacións

Hidrata e nutre a túa pel cos novos Aceites en Crema Deliplus.

Ademais, envólvete nunha suave bruma perfumada cos Body Sprays Deliplus. Dispoñibles en catro agradables fragrancias!