AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nuevas Papillas de Cereales Naturbalance en Mercadona

Novas Papas de Cereais Naturbalance de Mercadona

25 de maio de 2017

As papas de Cereais Naturbalance, xa dispoñibles en Mercadona, preséntanse en catro variedades para cubrir as necesidades do teu bebé en cada momento, axudándoo a medrar con equilibrio, forte e san.

En Mercadona poderás encontrar a Papa Multicereais, a de Cereais con Galleta, a de 8 Cereais con Mel ou a de Cereais sen Glute. Deliciosas e sen grumos, están elaboradas cos mellores ingredientes e con sabores naturais.

Papa Multicereais

Papa de Multicereais Naturbalance, dispoñible en Mercadona contén, calcio, ferro e vitaminas A e C, para o teu bebé a partir dos 6 meses. Ademais, non contén nin ovo nin leite. Nin tampouco azucres engadidos.

Papa de cereais con Galleta

Desde os 6 meses poderaslle dar ao teu bebé esta Papa de cereais con galleta que, como todas as nosas papas de cereais Naturbalance dispoñibles en Mercadona, conteñen calcio, ferro e vitaminas A e C. Non ten nin ovo nin leite.

Papa de 8 cereais con mel

Un novo sabor para que o teu bebé de máis de 6 meses poida gozar dunha Papa de cereais de Naturbalance, en Mercadona, deliciosa e sen grumos, enriquecida con calcio, ferro e vitaminas A e C. Ademais, non contén nin ovo nin leite.

A papa de Cereais sen glute

A papa de Cereais sen Glute de Naturbalance, dispoñible en Mercadona, recoméndase para bebés a partir dos 4 meses, sendo o complemento perfecto para comezares a lle introducir novos alimentos ao teu bebé de xeito seguro e saudable.

Ademais, non conteñen ovo, leite nin glute. Nin tampouco azucres engadidos.

Outras Recomendacións

En Mercadona xa podes encontrar un novo petisco para toda a familia. Cereais, mel, iogur pasteurizado despois da fermentación, e listo para tomares! Así é a orixinal fórmula do novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado