Nueva línea Intensity de Deliplus

Nova Liña Intensity de Deliplus, edición limitada

08 de maio de 2017

Déixate seducir pola nova liña Intensity de Deliplus, de edición limitada, composta pola barra Intensa e os pos dúo facial.

Barra Intensa Colección Intensity Deliplus:

A barra Intensa ofrécelles aos labios un veo de veludo con tons e con acabados intensos. A súa textura cremosa escorrega suavemente sobre os labios, deixando unha cor vibrante e un acabado semi-mate.

Pódela encontrar en seis cores:

  • Fucsia
  • Papoula
  • Rosa pastel
  • Praliné
  • Framboesa
  • Violeta Intenso

Ademais, o seu alto rendemento garante unha perfecta cobertura, adherencia e homoxeneidade.

A orixinal forma da súa mina ofrece unha cómoda aplicación incluso na contorna dos labios.

Pos Dúo Facial Colección Intensity Deliplus:

Os pos dúo facial preséntanse nun elegante estoxo con espello, onde encontrarás dúas cores: clara e escura, que coa súa combinación dá como resultado un ton único, de acabado luminoso.

A súas perlas ultra finas iluminan a pel, proporcionándolle unha beleza natural. A súa textura suave deixa a pel sedosa, lixeira e confortable.

Cómpre aplicala con brocha. Pode empregarse en rostro, pescozo e escote.

Descubre a túa personalidade!

Outras Recomendacións

Cando te desmaquilles, lémbrate de limpar ben a pel e de a hidratar en intensidade. Para iso, recomendámosche a crema de Mercadona Dragon´s Blood, que encontrarás na Perfumería de Mercadona, de agradable textura antioxidante e rexenerante.