Descubre como aforrar tempo coa nova Hidratante corporal Bajo la Ducha de Mercadona
Cantas veces acordaches co tempo xusto para pasares pola ducha? E cando te duchas á noite? Agora podes facelo todo máis rápido sen ter que secarte, grazas á nova Hidratante corporal Bajo la Ducha de Mercadona.
Tan só métete na ducha e reláxate mentres hidratas a pel.
Se non hidratas a pel pola mañá por non teres tempo ou deixas de facelo despois de ducharte á noite por preguiza, na Perfumería de Mercadona tes a solución para aforrares tempo no baño: hidrátate na ducha!
Contámosche como:
- Limpa a pel con auga e o teu produto habitual
- Enxauga o xabón e, coa pel aínda mollada, aplica a hidratante polo corpo todo.
- Déixaa actuar durante uns segundos, aclara con abundante auga e sécate. Xa te podes vestir!
Ácido hialurónico e manteiga de karité.
A nova hidratante corporal Bajo la Ducha de Mercadona está enriquecida con ácido hialurónico e manteiga de karité, que favorecen a elasticidade da pel. Nutre e repara sen saíres da ducha.