Crema de manos ultrahidratante Deliplus

Nova crema de mans ultrahidratante Deliplus

12 de xaneiro de 2017

Sabes que as baixas temperaturas, o vento e a neve poden resecar as túas mans en inverno?

As condicións extremas do inverno poden deixar a pel tirante e até producir antiestéticas escamas nela. Como o verán, o inverno é unha estación en que poden darse condicións atmosféricas extremas prexudiciais para as nosas mans e debemos facer un esforzo extra por coidalas. Protéxeas coa nova crema de mans ultrahidratante de Deliplus.

4 activos da crema de mans ultrahidratante de Deliplus.

Que é o que fai que esta crema teña un alto poder de hidratación?

  • Glicerina: O activo encargado de hidratar intensamente a pel das túas mans.
  • Pantenol: O frío, o vento e o contraste de temperaturas ao que sometemos as nosas mans provocan irritacións e descamación. O pantenol actúa nestes casos como calmante.
  • Carité: A manteiga de carité provén dunha árbore que pode vivir até tres séculos. De algo tan incrible só pode vir algo beneficioso. Esta graxa vexetal é o principio activo que hidrata e suaviza a pel.
  • Vitamina E: O principio activo que se encarga da función antioxidante.

4 consellos para coidares as mans no inverno.

Sigue estes 4 consellos para reparares e protexeres as mans das inclemencias do inverno.

  • Contraste de temperatura: No inverno, coas mans frías, preferimos lavalas con auga quente. Se queremos ter unhas mans saudables convén evitar o contraste da nosa pel fría coa auga quente, de xeito que o mellor é comezar con auga morna.
  • Respectando o PH: Non serve calquera xabón para lavares as mans, e tampouco no inverno. O cabelo e mais o corpo teñen o seu xabón, de xeito que debes utilizar para as mans un que sexa suave e que respecte o PH da túa pel.
  • Cubre as mans con luvas: Se vas pasar algún tempo fóra ao longo do día, o mellor é protexeres as mans cunhas luvas de la.
  • Hidratación sobre mans húmidas: Hai un truco que non todo o mundo sabe, mais que axuda a mellorar a hidratación. Cando laves as mans, non as enxugues totalmente. Coa pel un pouco húmida, aplica a crema de mans Deliplus ultrahidratante e así a pel absorberaa ao mesmo tempo que a auga

Aproveita o seu tamaño e leva sempre canda ti a crema de mans ultrahidratante de Deliplus. Non sabes cando é que o inverno vai amosar a súa cara máis agresiva.

Outras recomendacións:

Se queres coñecer máis consellos para coidares as mans durante todo o ano, recomendámosche a lectura do seguinte artigo sobre as cremas de mans de Mercadona. Outra das nosas suxestións é coñecer a publicación onde se explican os procesos de calidade das cremas de Mercadona.