Una nova colección para este verán inspirada nos reflexos do sol: Colección Sun Party.

Nova Colección Sun Party, unha homenaxe á vitalidade

21 de xullo de 2021

Buscas unha maquillaxe para este verán? A nova colección de maquillaxe Sun Party inspírase nos cálidos reflexos do sol. Esta colección, de edición limitada, rende homenaxe á vitalidade, cunha gama de cores que combinan á perfección e que achegan grandes doses de optimismo. Pel hidratada, uñas coidadas, mirada luminosa e labios a toda cor.

Que produtos compoñen a Colección Sun Party?

Imagen Texto 1 Sun Party

  • Make up fixer: fixador iluminador.
  • Xel nutritivo e xel antioxidante para o tratamento das túas uñas.
  • Panoramic Máscara de pestanas e sérum de pestanas.
  • Paleta de sombras e iluminadores.
  • Rotulador de labios.

Características dos diferentes produtos que compoñen esta colección

Make up fixer: Fixa e ilumina

Imagen Texto 2 Sun Party

Prepárate para probar o spray fixador de maquillaxe con efecto luminoso. É un spray tónico que mantén a pel hidratada á vez que fixa a maquillaxe. Non lle dá cor á pel, contén perla e o seu aroma a rosas brancas encantarache.

Modo de uso

  • Axita antes de usar.
  • Vaporiza unha pequena cantidade a 20 cm do rostro e deixa que seque.
  • Pódese utilizar antes da maquillaxe como hidratante/primer, despois como fixador ou durante o día para devolverlle luminosidade á túa pel.

Imagen Texto 3 Sun Party

Para conseguir esta maquillaxe…

Make Up Fixer, iluminador 02 e sombras 04, 05, 06, 08 e 10 da Paleta Sun Party. Nos labios Lip Tint Marker n.º 01, Sérum e Panoramic Máscara nas pestanas, todo da colección Sun Party. Eyeliner negro e como colorete, pos de sol.

Tratamento de uñas

Imagen Texto 4 Sun Party

Queremos velas con cor, pero antes debemos aprender a coidalas. Contámosche como!

  • Xel nutritivo con extracto de papaia: rico en vitamina A.
  • Xel antioxidante: contén starfruit extract, complexo rico en vitaminas B e C con propiedades antioxidantes.

Imagen Texto 5 Sun Party

Aplícaos a diario sobre as uñas e cutículas e masaxea ata a súa absorción.

Máscara de pestanas e sérum de pestanas

Imagen Texto 6 Sun Party

As pestanas son as absolutas protagonistas do look da tempada,

lévanse con moita curva! Utiliza estes produtos e sigue os consellos de beleza que che damos para presumir de pestanas bonitas:

Imagen Texto 7 Sun Party

  • 1. O primeiro é coidalas, o Sérum Pestanas Sun Party: Este sérum, de textura en aceite, contribúe a recuperar a súa suavidade e fortaleza grazas a unha fórmula que as nutre cada día. Contén aceite de argán, ingrediente coñecido polas súas propiedades nutritivas, antioxidantes e emolientes; e extracto de alga vermella, rica en aminoácidos e minerais, con acción protectora e fortalecedora das pestanas. O seu uso continuado favorece unhas pestanas e cellas bonitas e saudables.
    Consello: aplica o sérum antes da máscara e deixa que esta seque. Ou pola noite, despois de desmaquillar.
  • 2. Panoramic Máscara Sun Party: o segundo é maquillalas, abrindo e iluminando a mirada. Alonga, curva e dá volume ás pestanas superiores. Ollo! As pestanas inferiores lévanse sen maquillar. O seu cepillo axuda a elevalas e rizalas facilmente, con definición panorámica e acabado negro mate intenso.

Imagen Texto 8 Sun Party

A modelo leva: Make Up Fixer, sombras 05, 08 e 10 da Paleta Sun Party. Lip Tint n.º 02, Sérum e Panoramic Máscara nas pestanas. Todo da colección Sun Party.

Paleta de sombras e iluminadores

Imagen Texto 9 Sun Party

Coñeces a maquillaxe Sun Kissed? Rostro bronceado, meixelas rosáceas e brillantes, consigue ese efecto “boa cara” con tons terra e dourados para rostro e ollos. Un look discreto pero moi favorecedor, coa paleta de sombras e iluminadores Sun Party que contén 8 sombras de ollos de acabados mate, satinado e perlado; 2 iluminadores para darlle toques de luz ao rostro e un cómodo espello para maquillarte ou retocarte en calquera lugar.

Consello de beleza: resalta algunhas zonas do rostro como o nariz, o labio, a parte superior dos pómulos ou as pálpebras – debaixo das cellas para iluminar o arco destas–, para conseguir que a pel se vexa bronceada, radiante e zumarenta, como bicada polo sol!

Imagen Texto 10 Sun Party

Para conseguir este look discreto pero altamente favorecedor…

Make Up Fixer, iluminador 01 e sombras 04, 06 e 09 da Paleta Sun Party. Nos labios, Lip Tint Marker n.º 03, Sérum e Panoramic Máscara nas pestanas. Todo da Colección Sun Party. Eyeliner negro e como colorete, pos de sol.

Rotulador de labios

Imagen Texto 11 Sun Party

Para conseguir uns labios atractivos e luminosos:

  • Lip Tint Maker: Rotulador de labios de alto confort, deseñado para tinguir os labios cun veo lixeiro e imperceptible de cor cun acabado luminoso. A súa punta de alta precisión e a súa textura emoliente, fai que a maquillaxe sexa rápida e sinxela.

Imagen Texto 12 Sun Party

Para conseguir esta maquillaxe…

Make Up Fixer, sombras 05, 06 e 09 da Paleta Sun Party. Nos labios, Lip Tint Marker n.º 03, Sérum e Panoramic Máscara nas pestanas. Todo da colección Sun Party. Eyeliner marrón e pos de sol escuros.

Imagen Texto 13 Sun Party

Consellos de mantemento e desmaquillaxe: manteno en posición horizontal ou vertical para evitar a caída de exceso de produto sobre a punta. Para desmaquillalo utiliza bifásico e/ou unha exfoliación suave sobre os labios.

Outras recomendacións

Sabes que protector solar é o máis adecuado para ti? Sigue os nosos Consellos baixo o sol.