A nova Colección de maquillaxe Oh My Look ten como eixe central o teu rostro e os teus ollos. Os seus obxectivos principais son dous:
- Conseguir unha pel suave e perfecta
- Enmarcar a mirada traballando cellas, pestanas e dando luz ás túas pálpebras.
Con esta colección de tendencia vas exclamar: “Oh, My Look!” cando te mires ao espello. Edición limitada!
Que produtos compoñen a Colección Oh My Look?
Esta colección componse dos seguintes cinco produtos:
Máscara volume efecto Ás de Bolboreta
- Proporciona un efecto volume da raíz ás puntas, dando corpo ás pestanas.
- Peitea e define as pestanas, á vez que as envolve e enmarca para un efecto panorámico, como se dunha bolboreta se tratase.
- Contén aceite de rícino.
- Modo de uso: aplica a máscara de pestanas sempre dende a raíz cara a arriba facendo un lixeiro zigzag coa man.
TRUCO: Se queres potencialas aínda máis podes optar por darlles unha segunda pasada. Non esperes demasiado para que non seque a primeira capa antes de aplicar a segunda.
Crema cor perfeccionadora 3 en 1
- Crema con cor que perfecciona o rostro. 3 en 1 para usar como prebase, corrector e/ou maquillaxe.
- Textura bálsamo agradable na aplicación, que achega cor e suavidade á pel, sen achegar peso ao rostro.
- Fórmula lixeira que cobre o rostro cun veo suave de cor.
- Modo de uso: recoméndase a aplicación cunha suave masaxe sobre a pel cunha brocha plana ou ben con esponxa. Hai que axitar antes de usar.
- Dispoñible en dúas cores:
- N.º 01 Beixe claro
- N.º 02 Beixe medio
Brow trío
Lapis de cellas trío cun envase exclusivo para un deseño de cellas completo que contén:
- Nun extremo do lapis: Mina para encher e perfilar as cellas.
- No medio: Iluminador que achega un toque de luz no arco das cellas.
- No outro extremo do lapis: Cepillo para acondicionalas e peitealas.
- Dispoñible en dúas cores:
- N.º 01 Claro
- N.º 02 Escuro
Micro Eyeliner
- Micro eyeliner en cor negra formato rotulador con punta tamaño mini (extrafina) que permite realizar un trazo controlado.
- Ton negro intenso con acabado ultramate e fórmula de longa duración.
TRUCO: Proba a facer pequenos puntos que sirvan como guía e que irán marcando a posterior liña recta.
Paleta de sombras
- Paleta de sombras de ollos mate, satinadas e perladas.
- Contén un titorial para poder realizar 3 looks distintos.
Outras recomendacións
Coñeces a Liña facial Anti-manchas Deliplus? É un tratamento específico que che permite ter unha cute máis uniforme e un ton unificado.