Xa está aquí a nova Colección de maquillaxe Botanic Color, composta por un colorete, tres barras de labios e catro lacas de uñas.

Nova Colección Botanic Color. Edición limitada

10 de maio de 2019

Anímate a maquillarte cunha colección atrevida, repleta de cor e alegría, ideal para estes meses de primavera/verán. A nova Colección Botanic Color é unha colección tan desenfadada como sorprendente!

Que contén a Colección Botanic Color?

Esta nova colección está composta por un Colorete Multicolor Luminoso, 3 tons de barras de labios Dúo Botanic, lacas de uñas de secado rápido (3 tons) e un brillo.

  • Colorete Multicolor Botanic
  • Barras de Labios con dobre ton
    • Dúo Botanic N.º 01 Rosa
    • Dúo Botanic N.º 02 Orquídea
    • Dúo Botanic N.º 03 Caravel
  • Lacas de Uñas
    • Laca Brillo Botanic N.º 865
    • Laca Vermello Botanic N.º 866
    • Laca Amorodo Botanic N.º 867
    • Laca Rosa Botanic N.º 868

Que características teñen os produtos da nova Colección Botanic Color?

  • Colorete Multicolor Botanic: ten unha textura moi fina. No interior contén un ton máis intenso e no exterior iluminador.
  • Barras de Labios Dúo Botanic: a súa combinación de cor permite perfilar os labios co ton escuro e encher co ton máis claro.
  • Lacas de Uñas: caracterízanse polo seu secado rápido. No caso do brillo pódese utilizar como tal ou usalo como base antes de aplicar a cor. Desta maneira protexeremos a uña e aumentaremos a duración da manicura.

Como se utiliza?

  • Colorete Multitón Botanic: aplicar mesturando coa brocha do colorete os 3 tons e dando cor nas meixelas e nos pómulos segundo a intensidade desexada. Utiliza os tons do interior para dar cor e o ton do exterior para iluminar fronte, pómulos, tabique nasal e queixo.
  • Barras de Labios Dúo Botanic: estender sobre os labios aplicando sempre a parte máis escura cara ao exterior dos labios e a parte máis clara cara ao interior.
  • Lacas de Uñas: Aplicar Laca Brillo Botanic N.º 865. Despois, aplicar dúas capas de esmalte con cor deixando secar o produto entre as dúas aplicacións. Finalmente, aplicar de novo unha capa de brillo.

Que resultados obterei con esta nova colección?

  • Colorete Multitón Botanic: a súa combinación de cor permítenos resaltar as meixelas e os pómulos e iluminar o rostro.
  • Barras de Labios Dúo Botanic: unha definición de perfilado e cor cunha soa barra. A súa textura cremosa e sedosa deixa unha sensación cómoda e uns labios con efecto volume.
  • Lacas de Uñas: unhas uñas actuais con cores de tendencia e, ademais, un secado rápido.

Edición Limitada

A Colección Botanic Color é unha colección de edición limitada, polo que poderás encontrala en tendas ata finalizar existencias.

Outras recomendacións

Sabes utilizar o Perfilador de Labios transparente Longa Duración de Deliplus? Ensinámosche o seu modo de uso.

Se tes os labios finos ou queres darlles máis volume, presta atención a estes cinco pasos para conseguir un efecto de labios grosos.