A paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus é a paleta por excelencia, o seu elegante deseño e a súa versatilidade tórnana única.
Conta con catro paletas no seu interior que se poden levar xuntas ou separadas para usares a que precises en cada momento:
- Paleta rostro: Componse de 2 pos faciais, 2 coloretes e 1 brocha.
- Paleta beizos: A paleta divídese en 8 labiais –situados na parte superior– de diferentes cores e 8 brillos de acabado gloss para empregares sós ou en fusión con calquera tonalidade de beizos. Esperta a túa creatividade e realiza múltiples combinacións.
- Paleta ollos: 18 tons de sombras en diferentes acabados –mate, satinada e perlada– de textura en po e uso en seco, para alén de incluír pincel con aplicador duplo de esponxa.
- Paleta correctores: 4 tons de correctores e o seu pincel aplicador.
Toque mestre
Sabes como usar os correctores?
O verde cobre a rubescencia de grans ou capilares, o amarelo emprégase como corrector-iluminador, mentres o beige tapa olleiras e ilumina o rostro.
Faite cunha paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus e crea múltiples combinacións de cor, son de edición limitada.
Outras Recomendacións
Para conseguires unha maior definición na túa maquillaxe usa a Liña de pinceis Deliplus, obterás un acabado profesional. E non esquezas darlle un toque de glamour á túa mirada coas Máscaras de Pestanas Deliplus.