Sabes que xa podes comprar as nosas máscaras hixiénicas non reutilizables Deliplus? Xa coñeces a importancia que teñen para evitar a propagación do virus na situación de pandemia que vivimos na actualidade. Por iso, a partir de agora, ofrecémosche este útil produto para coidar a túa saúde e a dos que te rodean.
Características das máscaras FFP2 Deliplus
- Importante: no son reutilizables, deben desbotarse despois do seu uso. En ningún caso poden limparse e volver utilizar.
- Protexen boca, nariz e queixo.
- 5 capas.
- Cor branca.
- Medidas: 16,5 cm x 11 cm.
- Véndense en paquetes de 3 unidades.
Instrucións de uso
- Comproba a integridade da máscara e que non presenta roturas nin fisuras. Antes de colocar ou retirar a máscara hai que lavar previamente as mans con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
- Coloca debaixo do queixo e preme a máscara contra a cara coa pinza nasal sobre a ponte do nariz.
- Tira das gomas por detrás das orellas (as gomas en cada lado deben cruzar por enriba e por debaixo da orella).
- Utilizando ambas as dúas mans, moldea a pinza nasal á forma do nariz.
- Para comprobar o axuste correcto, cubre a máscara con ambas as dúas mans e exhala vigorosamente. Se hai fugas de aire ao redor do nariz, aperta a pinza nasal; se as fugas se dan no bordo da máscara, recoloca as gomas das orellas para un mellor axuste. Volve revisar o selado e repite o procedemento ata que a máscara estea correctamente selada á cara.
- A máscara non debe ser utilizada durante máis de 8 horas.
- Non debes tocala coas mans durante o seu uso. Hai que lavar as mans antes e despois nese caso.
- Débela substituír en caso de que se humedeza ou deteriore.
- Retíraa suxeitando as gomas sen tocar a máscara.
- Desbótaa tras o seu uso nun contedor provisto de bolsa de plástico. Posteriormente lava as mans.
Características das máscaras hixiénicas Deliplus
- Importante: non son reutilizables, deben desbotarse despois do seu uso. En ningún caso poden limparse e volver utilizar.
- Protexen boca, nariz e queixo.
- Levan un axustador que se suxeita ás gomas.
- Para uso en adultos.
- Véndense en paquetes de 10 unidades.
- Conforme especificacións técnicas UNE 0064-1:2020.
Instrucións de uso
- Antes de colocar ou retirar a máscara hai que lavar previamente as mans con auga e xabón ou con solución hidroalcohólica durante 40-60 segundos.
- Toca só as gomas da máscara
- Pasa as bandas elásticas por detrás das orellas.
- Coloca a máscara, axusta a pinza no nariz e cubre o queixo. Asegúrate de que no quedan grandes espazos entre a túa cara e a máscara.
- No uses a máscara máis de 4 horas nin toques coas mans durante o seu uso. Se o fas, lava as mans antes e despois.
- Substitúe por outra en caso de que se humedeza ou deteriore.
- Antes de quitar a máscara, lava as mans.
- Retíraa sen tocar a parte frontal e desbótaa tras o seu uso en contedor provisto de bolsa de plástico, e lava as mans.
- Durante ou despois do seu uso non debes colocala sobre a fronte nin no queixo.
Outras recomendacións
A limpeza e hixiene das mans é moi importante. Utiliza Spray hixienizante e toalliñas hidroalcohólicas para unha protección adecuada.