Para manter a túa pel libre de impurezas, suave e luminosa, utiliza a máscara facial exfoliante Bubble Mask.

Máscara facial limpadora e exfoliante Bubble Mask

12 de abril de 2021

Queres manter a pel do teu rostro limpa, suave e libre de impurezas? Xa é hora de que probes a máscara limpadora e exfoliante efervescente Bubble Mask. Chámase así porque produce un efecto de pequenas burbullas osixenantes que actúan sobre a túa pel. Descúbrea!

Características e beneficios de Bubble Mask

  • Máscara limpadora e exfoliante facial con Perlita Mineral (po de cristal volcánico orixinario de Turquía) en forma de pequenas e finas partículas que actúan como exfoliante suave facial.
  • Axuda a retirar restos de graxa, sucidade, células mortas e impurezas da superficie da pel.
  • Contén Oxygen Carrier Complex que eleva a capacidade de transportar e intercambiar osíxeno coa pel, dándolle vida e mellorando o seu aspecto.
  • As súas microburbullas osixenantes producen un formigo mentres se forma unha capa de escuma sobre a pel.
  • Limpa e mellora o aspecto da pel deixándoa máis lisa, homoxénea, suave e con maior luminosidade.

Modo de uso

  • Aplica máis ou menos 5 pulsacións de máscara sobre a pel limpa e seca mediante unha masaxe circular, evitando o contorno dos ollos.
  • Deixa que actúe mentres se xera unha lixeira capa escumosa (máis ou menos sobre 1 minuto) con pequenas burbullas osixenantes no rostro que producen un formigo.
  • Unha vez que desapareza o formigo, retira con abundante auga morna, realizando unha suave masaxe circular, a modo de exfoliación suave, e finaliza con auga fría.
  • Ao tratarse dun produto con partículas exfoliantes é necesario aclarar con abundante auga para retirar o produto na súa totalidade. Hai que poñer especial atención durante o aclarado para evitar que algunha partícula poida entrar no ollo.
  • Cerra ben a boquilla do produto xirándoa ata o tope e límpaa despois do seu uso.
  • Aplica 1 ou 2 veces á semana. Lava as mans despois da aplicación.
  • Posteriormente aplica a crema habitual para evitar sensación de sequidade ou tensión.

Para que tipos de peles se recomenda Bubble Mask?

  • Para todo tipo de peles e en especial para peles apagadas, fatigadas e sometidas a contaminación ambiental.
  • Ao conter partículas exfoliantes, as máis sensibles deben aplicala sen masaxear profundamente, para evitar que a pel se poña vermella ou unha irritación posterior.

Outras recomendacións

Coñeces o noso Peeling enzimático Deliplus con acción antioxidante e rexeneradora?