AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Maquillaxe Deliplus para este Nadal

23 de novembro de 2016

Volven a Mercadona as Paletas Maquilla-T Deliplus, para dares cor á túa maquillaxe durante todo o ano ou para agasallares neste próximo Nadal. A maquillaxe máis sedutora, útil e práctica. Este ano contamos con dúas novas paletas da liña Maquilla-T:

  • Olladas luminosas
  • 4 estacións (Paleta rostro ideal para todo o ano)

Ademais, podes completar o teu look co Lote de cosmética composto polos Pos de Sol e a Máscara de Pestanas Maxi-Volumen.

Características da Paleta Maquilla-T “Olladas luminosas”:

  • Paleta de ollos que contén 18 tons de sombras de acabado luminoso. As sombras da Paleta Maquilla-T “Olladas Luminosas” son en textura po compacto de tacto suave e aveludado.
  • Os seus tons abranxen unha ampla gama de cores que van dos grises e terra pasando por tonalidades kakis, azuis e malvas cos que crear infinitas combinacións.
  • Na parte traseira da paleta propóñense 5 looks cos que sacar o máximo partido a todas e cada unha das cores que a compoñen.
  • A ventá situada na súa parte frontal facilita a visualización de todas as súas cores.
  • No seu interior inclúe tamén dous pinceis duplos con aplicador de esponxa.
  • Todas as súas sombras son de uso en seco.
  • Están testadas oftalmoloxicamente.

Características da Paleta Maquilla-T “4 estacións”

  • 2 tons de po facial.
  • 3 tons de colorete.
  • 22 sombras de ollos de uso en seco (4 delas de maior tamaño polas súas tonalidades básicas).
  • 2 pinceis, un duplo con aplicador de esponxa para as sombras e outro de cabelo para o colorete.
  • Amplo espello.
  • 2 fundas protectoras transparentes, unha para as sombras e outra para protexer e manter en perfecto estado a superficie da tapa (pel dourada).
  • Todos os tons están testados dermatoloxicamente e, no caso das sombras, tamén oftalmoloxicamente.

Lote de maquillaxe Pos de Sol + Máscara de Pestanas Maxi-Volumen


De quereres lucir un ton de pel máis dourado e unhas pestanas arrebatadoras que subliñen a túa mirada, velaquí o teu lote de cosmética. Tanto estes pos bronceadores como a máscara de pestanas véndense como lote ou por separado. Os pos de sol foron testados dermatoloxicamente e a Máscara de Pestanas Maxi-Volumen tamén oftalmoloxicamente.
Todos os produtos son de edición limitada, estarán nas tendas até esgotárense as existencias. De xeito que apura e consigue a túa maquillaxe favorita antes de que se acaben!


Outras recomendacións


Coñeces a nova Colección Graffiti de Deliplus? É unha colección de maquillaxe de ollos para lle dares á túa mirada o aspecto que andas a procurar.
Ademais da Máscara de Pestanas Maxi-Volumen, en Mercadona encontrarás diferentes Máscaras de Pestanas Deliplus para escolleres a que mellor se adapte a ti en cada momento.
Sabes como coidar a túa pel? Sigue os nosos Consellos para coidares a pel con cremas de Mercadona e conseguires unha pel suave e bonita todo o ano.