Volven a Mercadona as Paletas Maquilla-T Deliplus, para dares cor á túa maquillaxe durante todo o ano ou para agasallares neste próximo Nadal. A maquillaxe máis sedutora, útil e práctica. Este ano contamos con dúas novas paletas da liña Maquilla-T:
- Olladas luminosas
- 4 estacións (Paleta rostro ideal para todo o ano)
Ademais, podes completar o teu look co Lote de cosmética composto polos Pos de Sol e a Máscara de Pestanas Maxi-Volumen.
Características da Paleta Maquilla-T “Olladas luminosas”:
- Paleta de ollos que contén 18 tons de sombras de acabado luminoso. As sombras da Paleta Maquilla-T “Olladas Luminosas” son en textura po compacto de tacto suave e aveludado.
- Os seus tons abranxen unha ampla gama de cores que van dos grises e terra pasando por tonalidades kakis, azuis e malvas cos que crear infinitas combinacións.
- Na parte traseira da paleta propóñense 5 looks cos que sacar o máximo partido a todas e cada unha das cores que a compoñen.
- A ventá situada na súa parte frontal facilita a visualización de todas as súas cores.
- No seu interior inclúe tamén dous pinceis duplos con aplicador de esponxa.
- Todas as súas sombras son de uso en seco.
- Están testadas oftalmoloxicamente.
Características da Paleta Maquilla-T “4 estacións”
- 2 tons de po facial.
- 3 tons de colorete.
- 22 sombras de ollos de uso en seco (4 delas de maior tamaño polas súas tonalidades básicas).
- 2 pinceis, un duplo con aplicador de esponxa para as sombras e outro de cabelo para o colorete.
- Amplo espello.
- 2 fundas protectoras transparentes, unha para as sombras e outra para protexer e manter en perfecto estado a superficie da tapa (pel dourada).
- Todos os tons están testados dermatoloxicamente e, no caso das sombras, tamén oftalmoloxicamente.
Lote de maquillaxe Pos de Sol + Máscara de Pestanas Maxi-Volumen
De quereres lucir un ton de pel máis dourado e unhas pestanas arrebatadoras que subliñen a túa mirada, velaquí o teu lote de cosmética. Tanto estes pos bronceadores como a máscara de pestanas véndense como lote ou por separado. Os pos de sol foron testados dermatoloxicamente e a Máscara de Pestanas Maxi-Volumen tamén oftalmoloxicamente.
Todos os produtos son de edición limitada, estarán nas tendas até esgotárense as existencias. De xeito que apura e consigue a túa maquillaxe favorita antes de que se acaben!
Outras recomendacións
Coñeces a nova Colección Graffiti de Deliplus? É unha colección de maquillaxe de ollos para lle dares á túa mirada o aspecto que andas a procurar.
Ademais da Máscara de Pestanas Maxi-Volumen, en Mercadona encontrarás diferentes Máscaras de Pestanas Deliplus para escolleres a que mellor se adapte a ti en cada momento.
Sabes como coidar a túa pel? Sigue os nosos Consellos para coidares a pel con cremas de Mercadona e conseguires unha pel suave e bonita todo o ano.