Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Os Lotes do Día da Nai son o regalo perfecto: un perfume cítrico, unha fragrancia romántica, cremas de tratamento ou unha elegante eau de parfum.

Lotes de beleza do Día da Nai

03 de maio de 2018

O 6 de maio é o Día da Nai e na Perfumería de Mercadona propoñémosche 4 atractivos regalos para que a sorprendas. Celebra este día tan especial regalándolle un dos nosos Lotes do Día da Nai: un perfume floral, unha fragrancia romántica, tratamentos cosméticos ou unha elegante eau de parfum.

Catro Lotes pensados para namorala

Os Lotes do Día da Nai están pensados exclusivamente para ela. Unha selección de produtos para que o teu regalo se converta no máis completo. Estes lotes, ademais de conter fragrancias e cremas faciais, van acompañados de cremas das mans, xel de baño e outros complementos que seguro que lle encantarán.

Lote Beauty Cocktail

Lote de belleza Beauty Cocktail Día de la Madre

Mamá, es a Mellor! O Lote Beauty Cocktail contén o perfume floral Big Pink Love, unha fragrancia de notas cítricas e verdes con aromas a mandarina, alfábega, néroli e o fondo amadeirado do sándalo. Ademais inclúe unha crema das mans e un perfumador para o bolso ou os caixóns.

Lote Ouro

Lote Oro Día de la Madre

Porque a adoras. O Lote Ouro contén a Crema Facial Protectora de Día 24K Gold Progress e a Crema Multirreparadora de Noite 24K Gold Progress. As dúas cremas conteñen partículas de ouro, rosa mosqueta, escualeno e un exclusivo activo antienvellecemento derivado do aceite de oliva. Ademais, a crema de día tamén está formulada con filtros FPS10 que protexen do fotoenvellecemento cutáneo.

Lote Rose Nude

Lote Rose Nude Día de la Madre

A fragrancia floral Rose Nude é perfecta para nais románticas. O seu perfume suave e delicado é ideal para o día a día. Este atractivo lote vén acompañado dun complemento a xogo coas tonalidades do perfume.

Lote Elección

Lote Elección Día de la Madre

Dille a túa nai o importante que é para ti co Lote Elección. Unha fragrancia con moito estilo que combina a familia olfactiva chypre con notas de pachulí e acordes florais como a bergamota ou o xasmín. O Lote Elección inclúe a eau de parfum Elección, unha minieau de parfum, unha loción corporal e un xel de baño.

Os lotes de Mercadona para o Día da Nai son o regalo perfecto para sorprendela. Están creados con agarimo pensando en todos os gustos e todas as idades para que celebres o día especial da persoa máis importante da túa vida.

Outras recomendacións

O mellor das celebracións en familia son as sobremesas. Fai da sobremesa un momento especial coa Torta do Día da Nai que atoparás en Mercadona. Unha Torta Massini de estilo clásico con capas de xema tostada, nata e trufa pasteleira de auténtico chocolate.