Cremas de Mercadona para el hombre con la nueva Línea Vído

Liña Vído, só para el, en Mercadona

09 de marzo de 2018

Se andas á procura dun agasallo orixinal e útil para o Día do Pai confía na Liña Vído que poderás encontrar na Perfumería de Mercadona. Está composta por un sérum anti-idade, unha contorna de ollos roll-on e unha crema facial hidratante 24 horas. A Liña Vído está formulada para o coidado das peles masculinas ao lles fornecer hidratación, frescura e iluminación no rostro.

Sérum anti-idade Vído

É recomendable para as peles estresadas por falta de sono, cansazo, esgotamento ou que presenten signos de inchazo ou engurras.

Que contén?

  • Café verde: Evita o envellecemento da pel.
  • Ácido hialurónico: Borra os signos da idade.
  • Zume de bidueiro: Alisa e elimina as pequenas imperfeccións.
  • Kombucha: Rexenera a pel e produce un efecto anti-idade.
  • Extracto de árbore da seda: Antiinflamatorio e antioxidante.

Cando aplicala?

Aplicar día e noite, evitando o contacto cos ollos. É ideal para despois do afeitado. Pódese aplicar só ou antes da crema.

Contorna de ollos roll-on Vído

Combate os signos do cansazo, bolsas e olleiras. Ademais revitaliza e hidrata a contorna dos ollos. É axeitado para peles que presentan esgotamento, ollos avermellados e inchados, bolsas debaixo dos ollos e engurras.

Que contén?

  • Café verde: Evita o envellecemento da pel.
  • Ácido hialurónico: Borra os signos da idade.
  • Extracto de árbore da seda: Diminúe as olleiras e o inchazo.
  • Eufrasia: Desconxestiona, refresca, desincha e calma.

Cando aplicala?

Aplicar día e noite con suaves movementos debaixo dos ollos, sen fregar, insistindo nas bolsas.

Truco

Mete a contorna de ollos no frigorífico: o efecto frío reducirá o inchazo se a aplicas así que te ergas.

A crema facial hidratante 24 horas Vído

A crema facial hidratante 24 horas mantén a pel hidratada, reducindo as engurras de expresión e os signos de sequidade; ademais, calma a pel após o afeitado e achega frescor. É recomendable para homes a partir de trinta anos que procuran manter a súa pel confortable e xuvenil.

Que contén?

  • Café verde: Evita o envellecemento da pel.
  • Ácido hialurónico: Borra os signos da idade.
  • Remolacha: Contén propiedades antioxidantes e rexuvenecedoras.
  • Fécula de millo: Aumenta a produción de coláxeno.
  • Avocatina: Actúa de calmante, rexenerador e protector da pel

Cando aplicala?

Día e noite, é moi recomendable para despois do afeitado.

Lembra…

Para optimizar os resultados cómpre combinala co resto de produtos da gama Vído.

Outras recomendacións

Completa o teu agasallo co noso Xel de afeitado pel sensible con áloe vera. Alén diso, recomendámosche profundizar sobre a calidade das cremas de Mercadona.