Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Paleta de Correctores, Maquillaxe Mate e Pos Compactos #NOFILTERS para unha cute perfecta e de aspecto natural.

Liña Pel Perfecta

04 de maio de 2018

Descubre a beleza dunha pel traballada con aspecto natural coa liña Pel Perfecta Deliplus. Unha Paleta de Correctores en catro tons que corrixen as imperfeccións do teu rostro, unha Maquillaxe Mate de cobertura impecable e os Pos Compactos #NOFILTERS para embelecer a túa pel. Tres pasos e un obxectivo: unha cute perfecta de acabado natural. Esquécete de filtros, perfecciona o teu rostro e sorrí á cámara.

Paleta de correctores

Unha paleta con 4 tons de textura en crema:

  • Verde: cobre manchas vermellas e grans.
  • Rosa: cobre olleiras escuras e manchas.
  • Amarelo: tapa imperfeccións en peles claras e disimula olleiras moradas.
  • Beixe: tapa imperfeccións en peles medias e disimula olleiras.

É de edición limitada. Non quedes sen a túa!

Maquillaxe Mate

Unha maquillaxe que achega unha cobertura perfecta e minimiza as imperfeccións cun resultado moi natural.

Dispoñible en 3 tons:

  • Nº01 Beixe claro
  • Nº02 Beixe medio
  • Nº03 Beixe escuro

Pos Compactos #NOFILTERS

Unifican o ton da pel e filtran as imperfeccións.

Dispoñible en 2 tons:

  • Nº01 Pel clara-media
  • Nº02 Pel media-escura

Son de edición limitada. Consigue o teu e non utilices máis filtros nas túas fotos!

Os produtos da liña Pel Perfecta Deliplus pódense comprar xuntos ou por separado. A combinación dos tres produtos dá como resultado unha pel coidada e de aspecto natural.

Se tes dúbidas, podes consultar coa asesora de beleza da Perfumería de Mercadona cales son os tons que mellor se adaptan á túa pel.

Ideas para sacar o máximo partido á liña Pel Perfecta

A base dunha pel bonita é unha correcta hidratación. Na Perfumería de Mercadona atoparás unha ampla selección de produtos hidratantes e tratamentos que che axudarán a manter unha cute coidada. Descubre o teu ritual de beleza!

Outras recomendacións

Non esquezas probar as novas fragrancias Simply Flowers e as súas cinco propostas florais.