A nova liña capilar Syoss, que podes encontrar en Mercadona, foi desenvolvida por profesionais do coidado capilar e ofrece unha ampla gama de produtos axeitados para os diferentes tipos de cabelo. Con Syoss conseguirás un cabelo san e brillante. Escolle o que mellor se adapta a ti e vive a beleza no teu cabelo.
A liña Renew 7
Composta por xampú e máscara capilar renovadora. Repara os 7 signos dun cabelo estragado, ou sen vitalidade, para que quede coma novo:
- Obterás unha renovación completa.
- Repara as puntas abertas.
- Outorga densidade e corpo.
- Achega forza e resistencia.
- É anti-encrespamento.
- Proporciona suavidade e movemento ao cabelo.
A liña Óleo 21
Composta polo xampú coidado intenso. Está indicada para cabelos ásperos ou secos. Nutre sen amazocar.
Este xampú é ideal para combinares co Aceite Beauty Elixir, indicado para todo tipo de cabelos; nutre e embelece instantaneamente. A súa fórmula inclúe aceite de argán e micro-aceites lixeiros.
A liña Syoss Glossing
É axeitada para cabelos rebeldes ou apagados, xa que lle devolve o brillo ao teu cabelo.
Xampú Syoss sen siliconas
Indicado para cabelos normais ou lixeiramente danados. Repara sen amazocar, deixando o cabelo suave e solto.
Proba a liña Syoss de Mercadona que mellor se adapte ao teu cabelo e descubre a súa beleza.
Outras Recomendacións
Tamén che recomendamos a nova crema revitalizante Sisbela de Mercadona, unha hidratante facial, rexeneradora e rexuvenecedora que combate os signos da idade.