Descubre as xoias da colección Le Petit Bijou Deliplus de edición limitada: en vermello, lila e glitter, dálle cor ás túas unllas.

Le Petit Bijou Deliplus

07 de decembro de 2017

A colección Le Petit Bijou Deliplus, de edición limitada, halle de dar un toque especial ao teu look. Cores festivas con aire glamuroso vestirán as túas unllas estes días de celebración. Descubre as xoias da colección en vermello, lila e glitter e abraia coas cores de moda.

Modo de aplicación:

  • Primeiro paso: aplica unha capa de verniz.
  • Segundo paso: sela a punta da unlla.
  • Terceiro paso: aplica unha segunda capa de verniz.

Combina a laca glitter coa cor vermella e morada, halle de dar ás túas mans un punto brillante, ideal para estas festas. Lista para deslumbrares?

Un consello

Antes da primeira capa de cor, aplica a Base 9 en 1 Deliplus e despois da segunda capa de verniz remata cun toque de Xel brillo Deliplus.

Outras Recomendacións

Abofé que tes que mercar algún agasallo para esa amiga ou familiar que queres tanto: a paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus é a paleta por excelencia. O seu elegante deseño e a súa versatilidade convértena no agasallo ideal. E para os longos días festivos emprega o novo Corrector Fixo e Cubrinte Deliplus: duradeiro, cubre imperfeccións e achega cor e luminosidade. Luce perfecta da mañá á noite.