AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nuevo Kit de Uñas Neón de Deliplus, contiene un neceser multicolor, dos lacas y decoraciones.

Kit de Unllas Neón Deliplus: Fluorescencia nas túas mans

11 de xullo de 2017

Encandea co novo Kit de Unllas Neón de Deliplus que contén un estoxo multicolor fucsia, marelo e verde, dúas lacas e enfeites. Luce polo día os rechamantes rosa neón e verde, e á noite deixa a todos abraiados cando as cores se tornen fluorescentes, iluminándose baixo a luz ultravioleta.

Non esquezas o toque it do momento, os enfeites adhesivos, tamén fluorescentes.

Para unha manicura perfecta co noso Kit de Unllas Neón Deliplus sigue o noso paso a paso:

  • Aplica a base alisadora ou base vitaminada 5 en 1, dispoñible en La Perfumería de Mercadona.
  • Estende dúas capas de lacas de unllas: deixa secar a primeira capa durante uns segundos e aplica despois a segunda.
  • Coloca o enfeite adhesivo sobre a unlla así que o esmalte estea totalmente seco.
  • Sela a túa manicura utilizando o xel brillo secante.

Encandea na noite baixo a luz ultravioleta coas lacas de cores do novo Kit de Unllas Neón. Non quedes sen el, de edición limitada!

Outras recomendacións

Non esquezas hidratar ben as mans coa nova crema de mans ultrahidratante Deliplus, cun alto poder de hidratación