Reunións familiares, maratón á procura de agasallos, a esperada Noitevella ou as ceas con amigos, seguro que che deixan pouco tempo para lucires perfecta en todas as ocasións. La Perfumería de Mercadona proponche 6 produtos imprescindibles de doada e rápida aplicación para estares guapa ou guapo nun instante.
Ampolas Q10 e Vital
AMPOLAS Q10 Concentrado reafirmante anti-engurras
Son unhas perlas monodose cun concentrado de activos hidratantes e anti-idade. É un tratamento intensivo polo que contén 7 cápsulas (unha para cada día da semana). Tamén se pode usar de forma puntual xa que o seu efecto é inmediato.
Está indicado para peles que precisen unha achega extra de nutrición e eliminar os signos da idade.
Contén Q10 que son nutrientes derivados das vitaminas, que actúan como antioxidantes e son activadores do funcionamento das células, evitando que envellezan. Tamén contén aceite de Ginkgo, rico en Vitamina E, con propiedades antioxidantes, prevén o envellecemento e evita as engurras e as liñas de expresión…
VITAL Concentrado lifting rexenerador
Son unhas perlas monodose cun concentrado de activos hidratantes e tensores. É un tratamento intensivo polo que contén 7 cápsulas, unha para cada día da semana. Tamén se puede usar de xeito puntual xa que o seu efecto é inmediato.
Ao ter una textura en aceite prescribimos aplicalo pola noite, masaxeando ben até a súa total absorción e deixando descansar a pel para que absorba todos os nutrientes.
Contén aceite de Onagra que prevén o envellecemento cutáneo, hidratando a pel e favorecendo a elasticidade, e aceite de Baobab, indicado para hidratar as peles secas ou moi secas e axudar a reducir os signos de envellecemento, recuperando a flexibilidade, elasticidade, tersura e firmeza da pel.
Parches para ollos
Sen bolsas, nin olleiras, nin signos de cansazo. Prepara o contorno dos ollos para os días de festa. Os parches para ollos de hidroxel Exclusive Cosmetics para home e muller preséntanse en dúas versións: anti-idade e rexeneración intensiva con ácido hialurónico. Con cal quedas?
Exfoliante labial
Exfoliante labial con sabor e olor a sandía, en formato barra de labios, indicado para todo tipo de labios.
Contén macropartículas exfoliantes que eliminan as células mortas e as peles secas e aceite rosa de mosqueta que hidrata e calma o labio.
Aplicar pola noite para evitar a exposición solar após a exfoliación. Escorrega o exfoliante polos labios uns segundos, podes masaxealo cos teus propios labios e retira os restos do produto cun algodón. Aplica, por último, un bálsamo hidratante.
Tratamento para unllas endurecedor
O tratamento para unllas endurecedor é ideal para as unllas máis fráxiles. A súa aplicación contribúe ao seu crecemento forte e saudable e, ademais, evita a súa decoloración.
Crema Hidratante Efecto Luminosidade
Crema hidratante para o corpo de doada aplicación efecto luminosidade. Tras a súa absorción deixa unha pel tersa e bonita. De película!
Outras recomendacións
Encontra o agasallo perfecto para toda a familia na Perfumería de Mercadona.
Descubre nuestras colecciones de maquillaje para estas fiestas, Colección Glam y Paletas de colores Maquílla-T de Deliplus.