Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Faltan poucos días para San Valentín. Se aínda non decidiches que vas regalar, dámosche unhas cantas ideas.

Feliz San Valentín. Que te fai máis feliz? Regalar ou que che regalen?

06 de febreiro de 2019

Achégase San Valentín e chega o momento de expresarlle a esa persoa tan especial, mediante un regalo, canto a queres. Ou de recibir ese regalo por parte da túa parella que fará que te derretas de amor por ela.

Porque, á fin e ao cabo, en San Valentín os regalos van en dobre dirección: regalas e regálanche. Tan emocionante pode chegar a ser unha cousa como a outra. E nós preguntámonos: Que che fai máis feliz? Regalar ou que che regalen?

Sexa como sexa, aquí tes unhas cantas boas ideas para regalar no Día dos Namorados. Se aínda non o tes decidido, presta atención a estes regalos de perfumería, bombóns e tortas con forma de corazón que che propoñemos.

Un regalo de perfumería para San Valentín

Fragancias de la perfumería de Mercadona para San Valentín

Un regalo clásico que nunca pasa de moda: fragrancias para el e para ela.

Tarxeta de felicitación + fragrancia (para ela)

Trátase dunha tarxeta de felicitación na que se pode escribir unha mensaxe personalizada para a persoa querida, que inclúe unha fragrancia floral con envase en forma de bico de 30 ml.

Absolutamente manexable, pódese levar a calquera parte, ben sexa dentro dun bolso, dunha mochila, etc. Un bonito detalle que sorprenderá á túa parella. Edición limitada.

Fragrancia Afán (para el)

Unha fragrancia ideal para ese home de marcado estilo de vida e forte personalidade, elegante, sincero e seguro de si mesmo. Destaca polas súas notas cítricas e amadeiradas que lle proporcionan ese carácter de audacia, frescura e desenfado.

Ademais, preséntase nun práctico envase de 100 ml. Se o teu home é atrevido e desenvolto, encantaralle este regalo.

Bombóns

Bobones Mercadona para San valentín

Outro deses regalos que non fallan no Día dos Namorados, sobre todo as Delicias de Abelá e os bombóns en forma de corazón recheos de trufa crocante que temos en Mercadona.

Bombóns recheos de Trufa crocante

Estes corazóns de auténtico chocolate belga están recheos dunha exquisita trufa crocante. Delicioso sabor a cacao e abelá.

Por se isto fose pouco, preséntanse nun elegante estoxo de 6 unidades. O teu momento máis doce de San Valentín. Edición limitada.

Delicias de Abelá

Regálalle á túa parella este pracer irresistible: un delicioso barquillo crocante envolto en chocolate e anaquiños de abelá, que alberga no seu interior o recheo máis delicioso a base de crema e abelá.

O envoltorio é un estoxo moi elegante, ideal para un regalo nesta data sinalada, e inclúe unha práctica bandexa.

Tortas de corazón

Tartas de Mercadona para el día de San Valentín

Gústanvos as tortas con forma de corazón para compartir? Pois entón este pode ser o mellor regalo. Ademais, podes escoller entre estes dous sabores e gozar do amor máis doce na mellor compañía.

Torta Corazón Sacher

Un pastel de chocolate de 320 g en forma de corazón 3D ideal para cortar en catro racións. Características:

  • No seu interior, a base de biscoito de tipo Sacher leva unha capa de recheo de marmelada de framboesa e outra de mousse de trufa por encima. Unha mestura fresca e zumarenta.
  • Na superficie, a torta está bañada cunha cobertura de chocolate negro.
  • Remata cunhas perlas de chocolate de cor vermella que lle dan o toque crocante e decorativo ao pastel.
  • Edición limitada.

Torta de Corazón Xema

Un pastel de xema e nata de 315 g en forma de corazón 3D ideal para cortar en catro racións. Características:

  • No seu interior leva unha base de biscoito branco cuberta por unha capa de recheo de caramelo e outra de mousse de nata por encima. Unha combinación gañadora que achega frescura e zume.
  • Na superficie a torta está bañada cunha capa de brillante xema.
  • A modo de decoración, uns corazóns de azucre branco de diferentes tamaños cobren a torta.
  • Edición limitada.

Outras recomendacións

En Mercadona encontrarás unha ampla variedade de bombóns, como a selección Senzza, os Bombóns recheos Cadbury, os Bombóns belgas Mondose, etc. Todos eles habituais da tempada do Nadal pero tamén moi apropiados para adozar a vida da túa parella en San Valentín.