Fragancias de Mercadona para San Valentín

Feliz San Valentín!

10 de febreiro de 2017

O agasallo perfecto coas fragrancias de Mercadona

Vive unha noite romántica o día máis especial do ano, o 14 de febreiro San Valentín. En Mercadona dámosche as mellores ideas para agasallares. Para iso, recomendámosche o lote Magic Chic, 9.60 Woman e Comotú Amor, e para el Acción 9.60 e Comotú Fuerza.

Descubre as nosas propostas para San Valentín e acerta coa fragrancia de Mercadona que máis se adapte aos seus gustos:

Fragrancias de Mercadona para ela

Magic Chic

Para rapazas cosmopolitas e dinámicas.

Un divertido lote coa agradable fragrancia de Magic Chic. Agora ademais da auga de colonia (300 ml) e do leite corporal (300 ml) tes tamén un xel de ducha (300 ml).

Magic Chic Mercadona

Comotú Amor

Para as máis románticas e soñadoras.

Un lote inzado de amor e agarimo, coa auga de colonia Comotú Amor (100 ml) e, perfumados coa mesma fragrancia, un leite corporal (100 ml), un xel de baño (100 ml) e un desodorizante (75 ml).

Como Tú Amor Mercadona

9.60 Woman

Para rapazas deportistas e en forma.

Chea de vitalidade e enerxía, así é a sport water 9.60 Woman (200 ml), que chega neste lote acompañada dun xel de baño (100 ml), un leite corporal (100 ml) e un desodorizante (75 ml), todos eles perfumados coa súa agradable fragrancia.

9.60 Woman Mercadona

Fragrancias de Mercadona para el

Comotú Fuerza

Para románticos empedernidos.

Fuerza é un valor seguro, unha proposta para homes de todos os estilos e idades. Agora podes agasallar a fragrancia (100 ml), xunto cunha loción para despois do afeitado (100 ml), un xel de baño (100 ml) e un desodorizante (75 ml), todos eles perfumados.

Como la fuerza Mercadona

Acción 9.60

Para rapaces activos e amantes do aire libre.

Unha auga de colonia para homes activos e dinámicos. Acción 9.60 (200 ml) vén neste lote xunto cun fixador (100 ml), un xel xampú (100 ml) e un desodorizante (75 ml). Acción 9.60 Mercadona

Coas fragrancias de Mercadona, encontrarás o agasallo perfecto para celebrares o día máis romántico do ano.

Outras Recomendacións

Para teres un San Valentín moi doce, non podes perder as tortas e bombóns de San Valentín: as deliciosas tortas Ti e mais eu Xema ou Ti e mais eu Sacher, riquísimas Delicias de Abelá ou a selección de Bombóns Mondose. Boísimos! (ligazón)