Unha pel perfecta en tan só dous pasos
Sinte os minerais do Mar Morto na túa pel coa Exfoliante Corporal e a Manteiga Corporal con sales do Mar Morto de Mercadona. Consigue unha pel perfecta en tan só dous pasos: aplica primeiro a exfoliante corporal, que suaviza a pel seca e lañada, e despois a manteiga, que lle proporciona suavidade á pel.
- Primeiro paso
Aplica xenerosamente sobre a pel limpa e húmida a Exfoliante Corporal Mineral con sales do Mar Morto de Mercadona. Masaxea o corpo prestando especial atención aos cóbados, os xeonllos e os pés, a seguir retira a exfoliante con auga temperada para gozares da súa agradable fragrancia de leite e mel.
- Segundo paso
Despois da exfoliante, aplica xenerosamente a Manteiga Corporal Mineral de Mercadona sobre a pel limpa e húmida. Masaxea até a súa total absorción. Úsaa acotío para gozar dunha pel suave e hidratada.
Exfoliante Corporal Mineral e Manteiga Corporal Mineral con sales do Mar Morto. Xa dispoñibles en Mercadona!
Outras recomendacións:
Se procuras hidratar a túa pel do xeito máis lixeiro posible, proba os Aceites en Crema Deliplus, cambian de textura a medida que os masaxeas e transfórmanse nun aceite sedoso cun tacto único.
Se tes o cabelo seco, nútreo coa Liña Argán Oil Deliplus. Un ritual único de nutrición para o teu cabelo.