Probaches a nova Colección de maquillaxe Sun in Fusion? É unha atractiva edición limitada especialmente pensada para a época do verán. Contén tres barras labiais, pos de maquillaxe e un colorete, que seguen as últimas tendencias en beleza e estética. Este verán, renova a túa imaxe con Sun in Fusion!
Que produtos compoñen a Colección Sun in Fusion?
Barras labiais
Tres barras de labios con efecto voluminizador que achegan un acabado luminoso, zumarento e fresco aos labios.
O efecto mármore da barra (mestura de tons) dá como resultado unha cor única e uniforme, de efecto brillo, a cada barra e en cada uso.
- N.º 01: rosa claro + morado = maxenta.
- N.º 02: rosa + amarelo = rosa coral.
- N.º 03: nude rosado + Terracota = malva.
Aptos para todo tipo de peles.
Importante: o activo voluminizador proporciona unha sensación de frescor e un lixeiro formigo nos labios durante os primeiros minutos de uso.
Maquillaxe
Dous produtos:
- Po Bronzer: textura compacta con dúas tonalidades que permite obter un efecto bronceado de acabado mate.
- Blush Multicolor: colorete acabado en dúas tonalidades de tons rosa que permite dar un sutil toque de cor nas meixelas cun acabado satinado.
Importante: todas as texturas compactas débense aplicar cunha brocha ou esponxa que só se use para texturas en po. Se esta ten restos dalgunha fórmula fluída (maquillaxe, cremas...), pode provocar que o po absorba os restos das brochas e crear unha capa extrafina que deixará de pigmentar.
Outras recomendacións
Sigue os nosos Consellos para tomar o sol e protéxete sen riscos.