AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Coa nova Colección Chica Boom poderás gozar de 3 looks distintos: Rápido, Natural e de Festa, para calquera momento do día.

Estás preparada para a Colección Chica Boom?

22 de abril de 2019

Coa Colección Chica Boom, prepárate para ser a sensación da tempada. Renova a túa imaxe coa colección de maquillaxe máis completa e versátil: Chica Boom ofréceche tres looks distintos para calquera momento do día.

  • Look Rápido: 2 en 1.
  • Look Natural: maquillaxe de día.
  • Look de Festa: sofisticada maquillaxe de noite.

Coa Colección Chica Boom a primavera sentarache coma nunca!

Que contén a Colección Chica Boom?

A Colección Chica Boom consta dos seguintes produtos:

  • Colorete (para meixelas e labios)
  • Perfilador de ollos negro con glitter
  • Paleta de sombras
  • 4 Lapis de Labios Cor Plena
    • N.º 01 Coral
    • N.º 02 Malva
    • N.º 03 Cereixa
    • N.º 04 Rosa intenso
  • 3 lacas de uñas en xel
    • N.º 662 Top Coat Xel
    • N.º 869 Salmón Xel
    • N.º 870 Fucsia Perla Xel

Todos los productos de la nueva colección de Deliplus Chica Boom

Cales son as súas características?

  • Colorete: ten unha textura cremosa de cor e iluminación para meixelas e labios.
  • Perfilador de ollos negros con glitter: unha textura xel de longa duración.
  • Paleta de sombras: é unha paleta de 8 sombras en po con acabado aveludado e un iluminador na parte central da paleta.
  • Lapis de labios cor plena: textura extracremosa cunha excepcional cobertura de cor con brillo.
  • Lacas de uñas: caracterízanse polo seu efecto xel.

Como se utiliza/aplica?

  • Colorete: aplicar coas xemas dos dedos e esfumar segundo a intensidade desexada nas meixelas e nos labios.
  • Perfilador de ollos: realizar o trazo directamente co lapis. Dependendo do resultado que busquemos intensificaremos máis ou menos o trazo.
  • Paleta de sombras: xogar coa combinación de cores segundo as tonalidades que se desexen. Aplicar con pincel segundo o resultado desexado.
  • Lapis de labios cor plena: aplicar directamente nos labios.
  • Lacas de uñas: aconséllase usar unha base para protexer as uñas. A continuación, aplicar dúas capas de esmalte da cor N.º 869 Salmón Xel ou N.º 870 Fucsia Perla Xel e deixar secar o produto entre as dúas aplicacións. Por último, aplicar unha capa da Laca N.º 662 Top Coat Xel.

Os 3 looks da Colección Chica Boom

Coa Colección Chica Boom podes conseguir 3 looks para distintos momentos do día. A continuación explicámosche como sacarlles o máximo partido.

Look Rápido 2 en 1

A forma de maquillaxe máis sinxela. Maquilla co colorete meixelas e labios, e resalta o teu propio atractivo. Para as uñas é perfecta a combinación coa Laca Salmón. Próbaa!

look 1 Imagen Chica Boom

Look Natural: Maquillaxe de día

Para unha maquillaxe de día cun look natural utiliza:

  • Para os ollos: Sombras N.º 01, 02 e 04 co Perfilador negro.
  • Para o rostro: Colorete.
  • Para os labios: Lapis de Labios Cor Plena N.º 01 Coral ou N.º 04 Rosa Intenso. As dúas opcións son ideais para combinar co resto da maquillaxe do look.
  • Para as uñas: Laca N.º 869 Salmón Xel.

Look 2 Imagen Chica Boom

Look 2.2 Imagen Chica Boom

Look de Festa: Maquillaxe sofisticada de noite

Para lucir radiante pola noite utiliza:

  • Para os ollos: Sombras N.º 06, 07, 08, 09 co Perfilador negro e iluminador N.º 05.
  • Para o rostro: Colorete.
  • Para os labios: Lapis de ollos Cor Plena N.º 02 Malva ou N.º 03 Cereixa. As dúas opcións son ideais para combinar co resto da maquillaxe do look.
  • Para as uñas: Laca N.º 870 Fucsia Perla Xel.

Look 3 Imagen Chica Boom.

Look 3.2 Imagen Chica Boom

Edición Limitada

A Colección Chica Boom é de edición limitada, polo que só poderás encontrala nas tendas ata a fin de existencias.

Outras recomendacións

Coñeces os Correctores Deliplus? Explicámosche que tipos de correctores podes encontrar en Mercadona e como utilizalos.

Se tes os labios finos ou queres darlles máis volume, ensinámosche a conseguir un Efecto labios grosos en cinco pasos.