Escuma Limpadora e Crema Hidratante O’lysee de Mercadona

Escuma Limpadora e Crema Hidratante O’lysee

10 de novembro de 2017

Luce unha pel perfecta coa Escuma Limpadora O’lysee de Mercadona que actúa limpando a pel en profundidade. Despois de limpar, hidrata e nutre o teu rostro coa Crema Hidratante.

Escuma Limpadora O’lysee

Fórmula que limpa a túa pel: a súa textura en escuma proporciónache unha agradable sensación de limpeza e é moi doada de aplicar. Úsaa pola mañá e pola noite sobre a pel do rostro húmida e aclara con auga.

Crema Hidratante O’lysee

É a solución ideal para aquelas peles que precisan de se hidratar. O seu aplicador con aerosol é doado de utilizar mentres que o seu sistema B.O.V. permite que o produto non estea en contacto co gas propulsor e manteña todas as súas propiedades. Emprégaa dúas veces ao día sobre a pel limpa.

Ambas as fórmulas conteñen unha gran cantidade de áloe vera, que xunto co extracto de ninfea reforza o seu efecto hidratante e reconforta a pel.

Aplícaas pola mañá e pola noite e descubre unha pel 10!

Outras Recomendacións

Proba tamén a Crema de Mercadona Dragon’s Blood, rexenera e nutre a túa pel atenuando as engurras con factor protector solar FPS 12 ou a Crema Hidratante Deliplus, levarala canda ti a todas partes.

E en concreto para eles, a Liña Vído composta por Sérum Anti-Idade, Contorna de ollos Roll-On e Crema Facial Hidratante 24 horas.