AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Diva de Deliplus presenta unha colección para labios, ollos e unllas. Combina as súas sombras, luce beizos e unllas de película e dálle á túa pel resplandores dourados.

Diva: A maquillaxe do Nadal

18 de decembro de 2017

Deliplus presenta este Nadal a colección Diva, inspirada nos máxicos anos dourados do cine: barras, brillos e lapis de labios, paleta de sombras, verniz de unllas e po iluminador corporal. Encontrarás todo o preciso para te converteres nunha verdadeira estrela.

As barras

Abraiarante quer por fóra quer por dentro: o seu packaging agocha un práctico e funcional espello na tapa, co que poderás maquillar os teus beizos onde e cando quixeres. Un sistema de imán asegura o peche do espello.

As barras posúen unha textura de espectacular acabado metálico, gran cobertura, luminosidade e cunha cor duradeira. Dispoñible en 2 tons:

  • Nº01 Grana Perlado Metallic
  • Nº02 Marrón Perlado Metallic

Os brillos

Os brillos de labios desta colección son de envase tubo; a súa gran cantidade de perla consegue unha sensacional cobertura de cor e luminosidade de textura moi confortable. Está dispoñible, tamén, en dous tons:

  • Nº01 Branco
  • Nº02 Dourado

Un truco!

Aínda que se pode aplicar só, o brillo de labios Diva é ideal para combinares con calquera das barras, creando un efecto de volume e de luz inigualable.

Para conseguires unha maior definición na aplicación cómpre aplicárelo cun pincel.

Os perfiladores de labios

De textura xel, de longa duración –até oito horas– e dispoñible en dous tons:

  • Nº 01 Grana Perlado
  • Nº 02 Marrón Perlado

A paleta de sombras

Con seis tons renovados, que van dos azuis aos dourados, a súa textura en po é de uso exclusivamente en seco. A paleta contén un espello no seu interior e mais un pincel con dobre aplicador de esponxa, ideal para os retoques.

Os vernices de unllas

A colección Diva presenta dous tons, un azul e outro dourado. Para alén de contar tamén cun top coat para un acabado de cine.

O po iluminador

O po iluminador corporal con bomba difusora desprende sobre a túa pel resplandores dourados.

Outras Recomendacións

Antes de marchares para a cama non esquezas desmaquillarte en profundidade e mais nutrir o teu rostro. Como? Descubre a Escuma Limpadora e a Crema Hidratante O’lysee de Mercadona.