AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Liña de desodorizantes Protección Plus Deliplus, deseñados para controlar o exceso de sudoración.

Desodorizante Protección Plus

14 de septembro de 2017

Os novos desodorizantes Protección Plus Deliplus están deseñados para aquelas persoas con maior sudoración e que precisan dunha protección extra.

A fórmula dos desodorizantes Protección Plus Deliplus contén unha elevada porcentaxe de activo antitranspirante, que ofrece maior eficacia na defensa fronte á suor, protexéndote deste xeito nos momentos de máis actividade. A súa protección supera as 48 horas.

Contén arxila branca ou caolín, un mineral natural con propiedades de absorción da humidade, favorecendo así a acción do produto.

Os seus perfumes foron especificamente deseñados para ela e mais para el, proporcionando unha agradable sensación de frescor e control.

Para asegurarmos a eficacia do desodorizante aplicarémolo sempre sobre a pel limpa e seca.

  • Se usamos roll-on, aplicarémolo sobre cada axila de riba para baixo, tres veces, para obtermos unha cobertura boa e uniforme. Deixamos secar totalmente antes de nos vestir.
  • Se usamos spray, primeiro inverter o bote, axitar enerxicamente, pulverizar a 15 cm da pel de 2 a 3 segundos e deixar secar.

Proba os desodorizantes Protección Plus Deliplus e despreocúpate do exceso de sudoración.

Outras recomendacións:

Experimenta as duchas ou baños máis revitalizantes co novo Xel de Menta Deliplus. Goza dunha sensación única. Xa dispoñible na Perfumería de Mercadona!