Desvelamos o Segredo da nosa Perfumería para este Nadal: Coleccións exclusivas inspiradas en ti.

Descubre o Segredo da Perfumería

14 de novembro de 2019

Por fin desvelámosche o Segredo da Perfumería para este Nadal. Ten por seguro que valeu a pena esperar.

O noso segredo agochaba diferentes Coleccións exclusivas inspiradas en ti.

Coma sempre, puxemos todo o noso esforzo para que no Nadal encontres a mellor selección e os regalos máis especiais en cosmética, beleza e fragrancias. Por iso, empezamos por escoitarvos: partindo das vosas ideas viaxamos polo mundo para inspirarnos e traballar cos provedores adecuados.

Unha selección de excelentes materias primas, de grandes perfumistas e deseñadores guiáronos para lograr a máxima calidade en todas e cada unha das nosas novas coleccións.

Como elaboramos estas coleccións exclusivas inspiradas en ti

1. Escoitámosvos

O primeiro paso foi estar atentos ás vosas necesidades antes de dar forma ás coleccións. No Centro de Coinnovación de Perfumería reunímonos con algúns de vós, para preguntarvos que vos gustaría encontrar nas nosas tendas este Nadal.

imagen el secreto 1

imagen el secreto 2

Probas cegas cos nosos Especialistas de produto no Centro de Coinnovación.

2. Viaxamos en busca da excelencia

Despois, buscamos por todo o mundo os creadores e perfumistas máis prestixiosos, que foron os que escolleron as materias primas para lograr a máxima calidade.

imagen el secreto 3

Ilias Ermenidis, perfumista de Firmenich, creador da fragrancia My Soul for him

Ilias Ermenidis: “Leváronse a cabo moitas modificacións, moitas reunións, pero o resultado final gustoulles tanto aos nosos equipos creativos como a Mercadona. Foi un proceso moi harmonioso; elaboramos sempre creacións realmente boas en colaboración co cliente”

imagen el secreto 4

Philippe Paparella-Paris, perfumista de Symrise, creador da fragrancia My Soul for her

Philippe Paparella-Paris: “Para My Soul elaboramos un buqué de flor branca a partir dunha idea que tiven volvendo dunha viaxe na India onde quedei realmente sorprendido pola intensidade das flores, que son realmente moi aromáticas, moi opulentas, así que quixemos recrear aquilo como elemento central do buqué floral”.

3. Traballamos con materias primas nobres seleccionadas na orixe

O desenvolvemento dun perfume leva consigo a coordinación dun extenso grupo de traballo no que contamos con químicos, avaliadores e perfumistas. A figura do avaliador é fundamental no proceso, xa que acompaña ao perfumista durante o tempo de creación e fai de nexo de unión entre a súa creatividade e o gusto do consumidor final.

imagen el secreto 5

Ilias Ermenidis xunto á avaliadora Ina Mexía nas oficinas de Firmenich París, testando os matices da fragrancia My Soul for him.

imagen el secreto 6

A bergamota de Calabria combinada coa pementa rosa e un toque de lavanda, proporciona as notas vibrantes para o corazón de My Soul for him. Pachulí, vetiver de Haití, sándalo e cedro ámbar compoñen o fondo deste perfume.

imagen el secreto 7

Philippe Paparella e a avaliadora Ilana Kahn no proceso de creación da fragrancia My Soul for her.

imagen el secreto 8

“Elaborei un acorde de flor branca sobre xasmín sambac, engadín tamén neroli, unha especialidade cun matiz de flor de laranxeira moi intenso e persistente”

4. Deseñamos coleccións que perduran no tempo

Inspirástesnos coas cores: o verde que rende homenaxe ao visgo e á árbore do Nadal, e o dourado que envolve de maxia e escintileos estas festas tan especiais. Con eses tons creamos un envase sofisticado, que esconde o aroma do Nadal.imagen el secreto 9

Os bosquexos e as gamas de cor para o deseño dos envases.

imagen el secreto 10

Para gardar este segredo, deseñamos distintos esbozos co fin de obter envases únicos que envolvesen as nosas creacións.

imagen el secreto 11

imagen el secreto 12

O especialista en cosmética esbozando o deseño da Paleta de sombras My Soul

5. Compartimos con vós o resultado final

Unha vez creadas as coleccións, a nosa maior satisfacción é compartilas, saber as vosas opinións e comprobar que, en efecto, cumpren esas expectativas.

Todos os produtos son testados por un amplo perfil de persoas, porque sabemos que a experiencia dos nosos clientes representa a nosa sabedoría e porque o que nos fai realmente felices é cumprir os seus desexos.

imagen el secreto 13

imagen el secreto 14

imagen el secreto 15

imagen el secreto 16

imagen el secreto 17

imagen el secreto 18