Coida as túas mans en cada momento do día coas Cremas de Mans Deliplus. Hai catro para escolleres: anti-idade antimanchas, nutritiva rexeneradora, hidratante áloe vera e ultra hidratante.

Coida e protexe as túas mans coa nosa variedade de cremas

05 de septembro de 2023

Gústache coidar as túas mans? Buscas unha solución que nutra a súa pel e que as protexa da sequidade e factores ambientais? As nosas cremas das mans están especialmente formuladas para ofrecerche unha hidratación intensa e duradeira, deixándoas suaves e perfectamente coidadas.

Na nosa selección encontrarás unha ampla variedade para elixir. Dende solucións estándar que nutren, hidratan e suavizan ata cremas específicas para mans secas e agretadas, antimanchas e con deliciosas fragrancias. Sexa cal sexa a túa necesidade, temos a crema das mans adecuada para ti.

Crema das mans de áloe

variedad de cremas de manos.

  • Contén zume puro de áloe, que proporciona hidratación e suavidade.
  • Ten unha textura lixeira e agradable.
  • Achega suavidade e elasticidade á pel, grazas ao seu contido de áloe ao 10 %, vitamina E e a súa combinación de activos con acción hidratante e calmante.
  • Envase de 75 ml.

Crema das mans con karité

variedad cremas de manos.

  • Nutritiva.
  • Enriquecida con manteiga de karité e murumuru, así como aceites de macadamia e babazú, para nutrir e hidratar a pel conseguindo unhas mans suaves.
  • Envase de 75 ml.

Crema das mans reparadora

variedad cremas de manos.

  • Nutritiva.
  • Indicada para todo tipo de peles, pero sobre todo agretadas.
  • Crema concentrada de rápida absorción e elevado poder de hidratación, grazas á súa combinación de glicerina, centella asiática e extracto de sangue de dragón (obtido do zume vermello da árbore Croton Lechleri).
  • Repara e nutre as mans secas e agretadas.
  • Envase de 75 ml.

Crema das mans antimanchas

variedad cremas de manos.

  • Nutritiva.
  • Unifica o ton e atenúa as manchas. Con FPS20 que axuda a previr o envellecemento prematuro. Textura cremosa.
  • Despigmentante.
  • Reduce e prevén as manchas para unha pel uniforme.
  • Con niacinamida e un derivado da vitamina C, reduce a hiperpigmentación e mellora a textura da pel.
  • Achega hidratación e suaviza.
  • Os seus filtros FPS20 axudan a previr o envellecemento prematuro.
  • Envase de 75 ml.

Crema das mans Karitesse

variedad cremas de manos.

  • Perfumada.
  • Hidratante.
  • Textura lixeira.
  • Axuda a restaurar a barreira natural da pel, rexenerala e nutrila.
  • Crema hidratante de uso diario para restablecer a máxima suavidade da pel.
  • Enriquecida con vitamina E e manteiga de karité, que axudan a nutrir e rehidratar as mans.
  • Envase de 290 ml.

Crema das mans Flor de Xapón

variedad cremas de manos.

  • Perfume intenso.
  • Hidrata e proporciona un agradable perfume.
  • Envase de 30 ml.

Modo de uso

  • Aplica unha pequen cantidade, as veces que sexa necesario, mediante unha suave masaxe ata a súa absorción.

Outras recomendacións

Escolle o mellor aceite corporal para a túa pel entre a nosa selección.

Descubre os mellores tratamentos exfoliantes para renovar a túa pel.

Seguro que encontras a crema corporal ideal para ti en Mercadona.

Coida os teus pés e mantenos suaves e coidados coa nosa gama de cremas dos pés.